26 de cada 100 dos turistas estranxeiros que visitaron a Oficina Municipal de Turismo en xullo procedían de Alemaña e Francia

O turismo foráneo medrou un 3% no pasado mes con respecto a xullo do ano anterior. Tamén se interesaron por coñecer Lugo arxentinos, estadounidenses, xaponeses e portugueses, entre outros.

Venres, 10 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, fixo este venres balance do movemento turístico que rexistrou o mes pasado a Oficina Municipal de Turismo. 26 de cada 100 dos turistas estranxeiros que visitaron as instalacións municipais da Praza do Campo procedían de Alemaña e Francia, incrementándose nun 52,6% o número de persoas visitantes alemáns este ano con respecto ao pasado.

En conxunto, o turismo foráneo medrou un 3% no pasado xullo con respecto ao mesmo mes do ano anterior Ademais de alemáns e franceses, tamén se interesaron por coñecer Lugo arxentinos, estadounidenses, xaponeses e portugueses, entre outros. Así mesmo destacan as visitas dos turistas procedentes de Reino Unido.

Para Carmen Basadre estes datos amosan que cada vez máis, Lugo é un destino de primeira orde para os visitantes internacionais, que chegan ao municipio polo atractivo do seu patrimonio histórico, pero tamén polo medioambiental e o gastronómico. Así mesmo fixo fincapé nas actividades culturais como reclamo para os visitantes, como as actuacións musicais do Ágora Cultural, ou as andainas, xa sexan polo rural de Lugo ou polo Camiño Primitivo.

Respecto á totalidade de visitas tanto na Oficina Municipal como na rede museística municipal en xullo, Carmen Basadre confirma un dato parecido ao do ano anterior, con máis de 9.000 visitas a todos os centros. As e os turistas madrileños e as e os andaluces acaparan as visitas nacionais, seguidos dos de León, Cataluña e País Vasco.

Audio

  • Carmen Basadre sobre o turismo estranxeiro xulloDescargar mp3

Noticias relacionadas