As 25 vivendas e edificacións da urbanización Bellavista contarán este mes coa 1ª rede pública de abastecemento grazas ao Goberno do Concello

Lara Méndez e Manuel Núñez supervisaron os traballos, valorados en 134.500€. Con eles, o Goberno continúa garantíndolle á veciñanza as mellores condicións nos servizos públicos básicos, co fin de mellorar o día a día da poboación luguesa

Martes, 23 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As 25 vivendas e edificacións da urbanización Bellavista contarán este mes coa 1ª rede pública de abastecemento grazas ao Goberno do Concello

As 25 vivendas da urbanización Bellavista contarán este mes coa primeira rede pública de abastecemento grazas ao Goberno, tras acometer diversas tarefas o Concello para dotar á zona desta rede pública. Deste xeito, o equipo de Lara Méndez continúa garantíndolle á veciñanza as mellores condicións nos servizos públicos básicos, co fin de mellorar o día a día da poboación luguesa.

Os traballos, valorados en 134.500 euros e que supervisou a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, consistiron en ampliar a rede de abastecemento municipal próxima á zona a esta urbanización para darlle servizo á contorna.

As novas tubarías conectan nun único punto coa rede municipal existente, configurándose basicamente como unha rede ramificada, dada a distribución das vivendas. Para evitar sedimentacións dentro da rede e acumulacións, inclúese nos finais dos ramais bocas de riego ou de incendio, co obxecto de facilitar facer limpezas frecuentes e eliminar as posibles sedimentacións. Ademais, instaláronse válvulas de comporta en distintos puntos de rede de distribución, que permiten o seu peche por tramos ante situacións anómalas.

Previsiblemente, nos vindeiros días procederase á conexión da rede, e unha vez feita, dado o estado no que se atopaba o pavimento, acometerase a repavimentación da calzada e a sinalización vial. As tarefas tamén inclúen a reposición de beirarrúas.

Noticias relacionadas