21 comercios lucenses amosarán as súas propostas de moda no Pazo de San Marcos co desfile de primavera

O evento de moda organizado pola Asociación de Autónomas de Lugo, co Concello e a Deputación, terá lugar mañá ás 20:30 horas nos corredores da planta baixa do Pazo de San Marcos

Mércores, 06 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Pazo de San Marcos acolle mañá o Lugo vístese de Primavera, o desfile organizado pola Asociación de Autónomas de Lugo, coa colaboración do Concello e a Deputación de Lugo, que ten como finalidade reactivar o comercio de proximidade e dar a coñecer e poñer en valor os produtos que ofrecen.

No desfile participarán 21 comercios da capital lucense que amosarán as súas propostas a través dunha trintena de modelos, nenos e adultos. Terá lugar ás 20:30 horas nos corredoiros da planta baixa da institución provincial. A entrada é totalmente gratuíta, tendo un aforo limitado de 300 persoas. Pódense conseguir nos diferentes establecementos.

Esta segunda edición contará cunha ampla representación do comercio de proximidade de Lugo: téxtil, calzado, xoiería, peletería, perfumes, deporte, entre outros. Os 21 establecementos lucenses son: Black Market, Chic Fashion & Co, Cepece, Cuplé, Dándara, El armario de QK, Lilas, Malizia, Mariña, Mecos, Miky moda, Miriam Souto, Miss mariquita, Moninadas, Opticalia Callao, Peleterías Lucus, Rosa Clará, Urban Foot, Veritas Veritatis, Violeta y Chloe.

Noticias relacionadas