16 proxectos optan a ocupar 27 postos da Praza e do Mercado municipal

A área de Participación ten como obxectivo actualizar as concesións anualmente para ocupar os postos baleiros

Cristina López: “traballaremos para favorecer o emprendemento nun emprazamento privilexiado do casco histórico”

Venres, 24 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
16 proxectos optan a ocupar 27 postos da Praza e do Mercado municipal

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, indicou que a área de Participación continúa a traballar na concesión dos postos baleiros da Praza de Abastos e do Mercado Municipal. “16 ofertas optan a ocupar un total de 27 postos que saíron a concurso durante o ano pasado”, indicou Cristina López.

O persoal da área de Participación comeza agora o proceso de revisión da documentación presentada polas persoas solicitantes. “Cando remate o proceso de revisión e baremado das solicitudes, onde se terá en conta a antigüidade dos postos que foran ofertados no 2012, continuaremos co procedemento de adxudicación”, indicou Cristina López, quen indicou que este proceso durará aproximadamente dúas semanas.

“Hai corenta anos que non se actualizan as concesións, e temos como obxectivo realizar ofertas de postos baleiros anualmente para revitalizar a praza e o mercado”, declarou Cristina López, que engadiu “traballaremos así para favorecer que todas as persoas que queiran emprender teñan a oportunidade de facelo nun emprazamento privilexiado do casco histórico da cidade”.

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre os postos da Praza e do Mercado | Descargar mp3

Noticias relacionadas