140 personas poderán participar na xornada de portas abertas ó cuartel de San Fernando que terá lugar o próximo luns 18 de novembro

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez anima ós veciños e veciñas a participar nesta campaña de concienciación para reivindicar o Museo da Romanización.

A xornada de portas abertas dará comezo ás 10.00h en grupos de un máximo 10 persoas cada un.

O xerente de Evislusa, fará unha breve introdución de localización, contorna e superficies, para ubicar ós asistentes previamente a dar paso a detallar a explicación técnica sobre o edificio patrimonial.

Xoves, 14 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reclamou de novo á Xunta de Galicia o Museo da Romanización en San Fernando, anunciando en rolda de prensa a pasada semana que levaría a cabo unha campaña de concienciación cidadá que inclúe “unha xornada de portas abertas para que toda a cidadanía poida comprobar cal é o estado actual no que se atopa a construcción”.  A iniciativa persegue facer público o grave deterioro que sofre o inmoble ante a deixadez de funcións do goberno autonómico sobre o patrimonio cultural local e terá lugar o próximo luns 18 de novembro dando comezo a primeira entrada ó inmoble ás 10.00h.

As visitas terán unha duración total de 30 minutos, en horario de mañan dende as 10.00h ata as 14.00h e en turno de tarde de 16.00h a 18.00h, cun número máximo de 10 persoas en cada grupo.

O xerente de Evislusa, fará unha breve introdución de localización, contorna e superficies, para ubicar ós asistentes previamente a dar paso a detallar a explicación técnica sobre o edificio patrimonial, onde o xerente falará da contorna arqueolóxica e achados arqueolóxicos de maior interese atopados na Escavación Arqueolóxica en Área realizada pola arqueóloga Dª Mª Luz Fernández Sánchez entre decembro de 2008 e febreiro de 2009, a evolución histórica desde o momento da súa primeira edificación (primeiro encargo de 1779) ata a configuración actual, salvagarda do patrimonio construído e declaración do edificio como Ben de Interese Cultural (Julio de 2009) e para finalizar actuacións proxectadas sobre o inmoble, intervencións de mantemento realizadas recentemente e estado actual da edificación.

Dende o Concello de Lugo informan que para participar nesta xornada hai que achegarse o luns 18 de novembro a partir das 10.00h e por rigurosa orde de chegada irán entrado os interesados.

Noticias relacionadas