133 rapaces participarán dende o luns nos cursos de verán de educación vial

O Concello fixo pública este venres a lista de admitidos destes cursos, que pode consultarse no taboleiro de anuncios do Concello, no Parque Infantil de Tráfico, na páxina web do Concello e na Xefatura Provincial de Tráfico

Venres, 26 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Un total de 133 rapaces participarán nos XIV Cursos de Verán de Educación Vial, organizados polo Concello de Lugo en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico. Trátase dunha actividade amplamente consolidada que buscan fomentar a aprendizaxe de hábitos de convivencia e respectar as normas de seguridade vial.

Un ano máis, estes cursos están dirixidos a rapaces entre os 8 e os 14 anos para kart e bicicleta, e entre os 15 e 16 para ciclomotor. Dende o vindeiro luns, 29 de xuño, e ata o 24 de xullo, nas instalacións do Parque Infantil de Tráfico –PIT-, os admitidos, agrupados por idade, recibirán formación teórica e práctica durante máis dunha semana. Formáronse quendas en horarios de mañá (de 10:00 a 13:00 horas) e de tarde (de 17:30 a 20:00 horas).

O Concello de Lugo vén de facer pública este venres a lista de admitidos para asistir aos cursos. O listado coa formación dos grupos poderá consultarse dende hoxe no taboleiro de anuncios do Concello (Seminario Menor), no Parque Infantil de Tráfico (antiga Frigsa), na páxina web do Concello www.lugo.gal, e na Xefatura Provincial de Tráfico (avenida Ramón Ferreiro).

Noticias relacionadas