12º edición dos campamentos urbanos polideportivos, cos que colaboran distintas áreas do Concello

Venres, 03 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
12º edición dos campamentos urbanos polideportivos, cos que colaboran distintas áreas do Concello

A Concelleira de Benestar, Inclusión e Terceira Idade, Olga López; Ana Gonzalez Abelleira, edil de Muller, Igualdade e Xuventude e o presidente da Asociación Lumieira, Óscar Lorenzo (Choury), presentaron este venres na Sala de Usos Múlptiples do Concello de Lugo a 12º edición dos campamentos Lumieira 2020. Esta nova edición dos campamentos urbanos polideportivos, cos que colaboran distintas áreas do Concello, desenvolveranse de luns a venres dende o día 6 ao 31 de xullo na cidade.

Óscar Lorenzo, sinalou que “para atopar máis información dos mesmos podese atopar resumidamente na propia web : https://lumieiracup20.blogspot.com/” e agradeceu a continua colaboración da entidade local non só con este campamento, senón cos valores da deportividade.

Noticias relacionadas