Área de Xestión Integral de Recursos Internos

Actualidade

O Plan de Turismo Sostible do Concello de Lugo protagonista nun seminario de intercambio de experiencias entre Galicia e Portugal
Xoves, 18 de abril de 2024

Mauricio Repetto presentou esta estratexia e as actuacións realizadas polo goberno municipal para mellorar a accesibilidade ao patrimonio histórico nun foro en Vila Real.

“Este plan permitirá posicionarnos como un destino enogastronómico mediante un conxunto de actuacións no eido da transición dixital, a eficiencia enerxética, a competitividade e a transición verde e sostible”, destacou o edil.

O Executivo de Paula Alvarellos pon en marcha axudas para entidades que contribúan a dinamizar a economía e a xerar emprego en Lugo
Martes, 16 de abril de 2024

A Xunta de Goberno Local aprobará mañá as bases e a apertura da nova convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a que o executivo destinará 22.500 euros.

“Queremos seguir brindando apoio a todas aquelas iniciativas e proxectos locais cos que se acade a xeración de emprego”, explicou Mauricio Repetto.

A alcaldesa Paula Alvarellos mostra ao Grupo Municipal do PP as instalacións do novo auditorio, trala subsanación das máis de 200 deficiencias detectadas
Xoves, 11 de abril de 2024

A rexedora, acompañada de Pablo Permuy, acompañou aos edís do Partido Popular nunha visita ao inmoble, que abrirá proximamente, tras un investimento municipal de máis de 330.000 euros destinado a correxir defectos construtivos.

“Actualmente estanse a definir aspectos relacionados coa administración, programación e mantemento do complexo, como antesala á súa posta en funcionamento”, explicou.