Punto Limpo

Punto Limpo
Rúa dos Carros, s/n Polígono Industrial do Ceao
27003 Lugo , Lugo
Horarios: 
Luns a sábados, 9:00 a 21:00
Teléfono/s: 
982.042.008 | 900.909.671

Pódese acceder con vehículo propio para depositar unha gran variedade de residuos:

Residuos que se poden depositar
Residuos domésticos perigosos
  • Pilas, baterías
  • Aerosoles
  • Fluorescentes
  • Botes de pintura, disolventes e barnices
  • Radiografías
  • Aceites minerais e vexetais
  • Tóner
Residuos domésticos especiais
  • Madeiras
  • Restos de podas
  • Voluminosos:
    • Electrodomésticos (líña branca)
    • Mobles e enseres (líña marrón) 
    • Aparellos electrónicos(televisores, ordenadores, teléfonos....)
  • Refugallos de pequenas obras
  • Roupa
  • Plástico
  • Restos metálicos do fogar
Residuos que non se poden depositar
Residuos domésticos ou industriais
  • Materia orgánica
  • Residuos industriais de grandes e medianas empresas
  • Residuos radiactivos
  • Pneumáticos

 

Limitacións en número e/ou peso

Para evitar a súa utilización como centro de xestión de residuos industriais, regúlase o número e o peso máximo dalgúns dos residuos que se aceptan. As limitacións destes produtos serán:

RESIDUO CANTIDADE
Aceite de motor 5 litros
Aceites vexetais 5 litros
Aerosoles 10 unidades
Baterías 1 unidade
Cascallos 25 quilos
Chatarra 1 metro cúbico
Colchóns 3 unidades
Electrodomésticos 2 unidades
Filtros de aceite 3 unidades
Fluorescentes 3 unidades
Frigoríficos 1 unidade
Madeiras 60 quilos ou 1 moble
Papel cartón 1 metro cúbico
Pilas 5 litros
Pinturas 1 quilo
Plásticos 1 metro cúbico
Radiografías 5 litros
Restos metálicos 25 quilos
Rupa 50 litros
Tóner 2 unidades

Directorio