- Tema
Respostas ás túas dúbidas en relación á Oficina Municipal de Información ao Consumidor. Que é a OMIC, que servizos presta, onde se atopa, como contacta ou quen pode beneficiarse dos seus servizos.
O Concello, consciente de que o consumo é un dos feitos máis habituais na nosa vida, considera importante que a cidadanía coñeza os sues dereitos e obrigas nas relacións de consumo. Tamén é importante que os veciños e veciñas realicen un consumo racional e responsable.
Por iso, o Concello de Lugo pon á disposición dos consumidores a OMIC. É a oficina que ten a administración local e que ofrece o servizo de información, axuda e asesoramento aos consumidores e usuarios para o axeitado exercicio dos seus dereitos en materia de consumo.
- Recolle, rexistra e da xustificante de recepción das queixas e reclamacións dos consumidores e usuarios e a súa remisión ás entidades ou organismos correspondentes.
- Realiza tarefas de educación e formación en materia de consumo, campañas divulgativas de interese para a formación e a defensa do consumidor.
- Apoia ao Arbitraxe de Consumo.
- Orienta aos consumidores e consumidoras sobre os enderezos e principais funcións doutros centros públicos ou privados, de interese para os consumidores e usuarios.
Practicamente, todos os relacionados co ámbito do consumo, que poden estruturarse nos seguintes sectores:
- Bens, como automóbiles, electrodomésticos ou roupa, por exemplo.
- Subministracións, como auga, gas, electricidade e teléfono, entre outros
- Servizos, como os que prestan as axencias de viaxe, os bares e os restaurantes ou as empresas de transportes.
Todos os consumidores e usuarios; é dicir, as persoas físicas ou xurídicas que compren ou utilicen como destinatarios finais, bens, produtos, servizos, actividades ou funcións, calquera que sexa a natureza pública ou privada, individual ou colectiva de quen os produce, facilita, subministra ou expide.
Podes contactar por teléfono ou fax, entre as 8:30 e as 14:30
Teléfonos 010 e 982297273
Fax 982 297273
A OMIC atende entre as 8:30 e as 14:30
No Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197
Horario de atención Luns a venres, de 8:30 a 14:30