Preguntas frecuentes sobre o TEA

Cuestións de interese sobre o funcionamiento do TEA. Os motivos da súa creación, as súas funcións, ou os actos administrativos a recorrer ante dito tribunal son algunhas das cuestións que se poden consultar. 

Por que o Concello de Lugo decidiu crear o TEA ?

O TEA é creado polo Concello de Lugo coa finalidade de abaratar e axilizar a defensa dos dereitos dos administrados en materia tributaria, así como para reducir a conflitividade en vía contencioso administrativa co conseguinte alivio da carga de traballo á que se ven sometidos os órganos desa xurisdicción. 

Para a interposición de reclamacións non é necesario nin avogado nin procurador, e a súa natureza é gratuíta e preceptiva con carácter previo á Xurisdicción contencioso administrativa.

A creación deste novo órgano levouse a cabo en aplicación do artigo 137 da Lei 57/2003, 16 de decembro, de Medidas para a Modernización do Goberno Local (BOE 17/12/2003) que prevé a existencia dun órgano especializado para o coñecemento e a resolución das reclamacións sobre actos tributarios de competencia local, cuia composición e funcionamiento pretenden garantir a competencia técnica, a celeridade e a independencia requiridas polos cidadáns nese ámbito.

Os Tribunais Económicos e Administrativos Municipais están contemplados para municipios que reúnan algunha destas características:

  • Municipios con máis de 250.000 habitantes.
  • Capitais de provincia de máis de 175.000 habitantes.
  • Capitais de provincia e capitais de comunidades autónomas.
  • Municipios de máis de 75.000 habitantes de especiales características.
Cales son as funcións do TEA ?
  • Coñecer e resolver, en réxime de independencia funcional, as reclamacións sobre actos de xestión, liquidación, recadación e inspección de tributos e ingresos de dereito público que sexan de competencia municipal.
  • Ditaminar con carácter preceptivo o proxecto de Ordenanzas Fiscais de cada exercicio económico, antes de que sexan aprobadas polo Pleno Municipal. Este ditame non terá carácter vinculante e deberá ser solicitado pola Xunta de Goberno Local.
  • Elaborar, a petición dos órganos de xestión tributaria do Concello, estudios e propostas sobre estas materias.
Que actos administrativos se poden recurrir ante o TEA?

Os cidadáns poden recurrir ante o TEA os actos de aplicación dos tributos (xestión, liquidación, recadación e inspección) e de imposición de sancións tributarias que sexan ditados polo Concello de Lugo.

En materia de aplicación dos tributos son reclamables:

  • As liquidacións provisionais e definitivas.
  • As resolucións expresas ou presuntas derivadas dunha solicitude de rectificación, dunha autoliquidación ou dunha comunicación de datos.
  • As comprobacións de valor de rendas, produtos, bens, dereitos e gastos, así como os actos de fixación de valores, rendementos e bases cando a normativa tributaria o estableza.
  • Os actos que deneguen ou recoñezan exencións ou bonificacións tributarias.
  • Os actos que determinen o réxime tributario aplicable a un obrigado tributario, en canto sexan determinantes de futuras obrigas, incluso formais, ao seu cargo.
  • Os ditados no procedemento de recadación.
  • Os actos respecto aos que a normativa tributaria así o estableza.
  • Os actos que impoñan obrigas tributarias.
Que actos non son revisables polo TEA ?
  • Os que dean lugar á reclamación en vía administrativa previa á xudicial, civil ou laboral, ou poñan fin á dita vía.
  • Os ditados en virtude dunha lei que os exclúa de reclamación económica-administrativa.
Que vantaxes tén a creación do TEA para a cidadanía lucense?
  • O TEA abarata e axiliza a defensa dos dereitos dos administrados en materia tributaria.
  • Co TEA preténdese reducir a conflitividade en vía contencioso-administrativa co conseguinte alivio da carga de traballo á que se ven sometidos os órganos desa xurisdición.
  • O TEA é un órgano que actúa con criterios de independencia técnica e funcional, é dicir, que non tén dependencia xerárquica dos órganos de administración tributaria municipais.
  • A tramitación e a resolución das reclamacións presentadas é gratuita para os interesados.
  • O interesado pode efectuar as reclamacións, as comparecencias e demáis trámites do procedemento por sí mesmo ou a través dun representante, sin que sexa necesaria a intervención de avogado ou procurador.
  • A tramitación das reclamacións e a resolución das mesmas, ao simplificarse o procedemento e mantendo todas as garantías legais, levaranse a cabo con maior celeridade que na vía xurisdiccional. Nos procedementos abreviados, o prazo máximo de resolución será de 6 meses, e de 1 ano nos procedementos non abreviados.
Cal é o procedemento de presentación, tramitación e resolución de recursos ante o TEA?

As reclamacións económico-administrativas tramitaranse en única instancia e, contra a súa resolución, só se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo.

Presentación do escrito de reclamación

O escrito de reclamación económico-administrativa tén que presentarse polo interesado ou a través do seu representante, debidamente acreditado, dentro do prazo de 1 mes, contado dende o día seguinte á notificación do acto que se impugna, dende o día seguinte no que se produzan os efectos do silencio administrativo, ou dende o día seguinte no que se conste a desestimación do recurso de reposición, ben por resolución expresa ou ben polo cumprimento do prazo.

Nos casos de débedas por vencemento periódico e notificación colectiva, o prazo para a interposición será a partir do día seguinte á finalización do periodo de pagamento voluntario.

Datos fundamentais que debe conter o escrito de reclamación que inicia o procedemento

1. Identificación do reclamante

  • Nome, apelidos e DNI do interesado.
  • No seu caso, nome, apelidos e DNI da persoa que o represente.
  • Identificación do domicilio a efectos de notificacións.
  • O escrito deberá ser dirixido ao órgano administrativo que ditou o acto que se impugna, e que o remitirá ao Tribunal Económico Administrativo do Concello de Lugo.
  • Nos casos de reclamacións relativas a retencións, ingresos á conta, repercusións e relacións entre o substituto e o contribuínte, o escrito de interposición dirixirase ao Tribunal Enconómico Administrativo do Concello de Lugo.
  • Ten que identificarse o acto contra o que se reclama.
  • O reclamante poderá acompañar as alegacións nas que se basee o seu dereito.
  • Indicarase a data e o lugar.
  • Sinatura do solicitante ou acreditación da autenticidade da súa vontade expresada polos medios correctos.
  • Na sede do TEA, en todas as Oficinas de Atención ao Cidadán do Concello de Lugo e na páxina web municipal www.lugo.es está a disposición dos lucenses o modelo oficial de reclamación económico-administrativa. 
  • A duración máxima do procedemento será de 1 ano contado desde a presentación da reclamación.

2. Procedemento abreviado

Se a reclamación é admitida a trámite pódese levar a cabo un procedemento abreviado, en cuxo caso o prazo máximo para notificar a resolución por parte do TEA será de 6 meses contados dende a interposición da reclamación, nos seguintes casos:

  • Cando a reclamación sexa dunha contía inferior a 18.000 euros ou a 72.000 euros, no caso de bases e valoracións.
  • Cando se alegue exclusivamente a inconstitucionalidade ou a ilegalidade das normas.
  • Cando se alegue exclusivamente falta ou defecto de notificación.
  • Cando se alegue exclusivamente insuficiencia de motivación ou incongruencia do acto impugnado.
  • Cando se aleguen exclusivamente cuestións relacionadas coa comprobación de valores.
  • En ambas modalidades de procedemento, o TEA poñerá de manifesto o expediente ao interesado para que, no caso de que non tivera formulado as alegacións no escrito de reclamación, as leve a cabo e/ou presente ou propoña a realización das probas oportunas, concediéndole para elo o prazo de 1 mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta posibilidade.

3. Finalización do procedemento

O procedemento de reclamación económico-administrativa ante o TEA finalizará mediante dúas vías:

Mediante o acordo motivado de archivo das actuacións, polas seguintes causas:

  • Renuncia: todo interesado poderá renunciar ao dereito que fundamenta a reclamación cando elo non estea prohibido polo Ordenamento Xurídico, por calquera medio que permita a súa constancia.
  • Desistimento: todo interesado poderá desistir da súa solicitude, por calquera medio que permita a súa constancia.
  • Caducidaded Satisfacción extraprocesal

 Ou mediante a resolución do TEA. As resolucións ditadas deben conter:

  • Os antecedentes de feito e os fundamentos de dereito en que se basean.
  • Decidirán todas as cuestións que se susciten no expediente, foran ou non formuladas polo interesado.

4. Resolución

As resolucións do TEA poderán ser estimatorias, desestimatorias ou declarar a inadmisibilidade. A resolución que se dite terá plena eficacia respecto dos interesados aos que se lles notificará a existencia da reclamación.

As declaracións de inadmisibilidade serán nos seguintes supostos:

  • No caso de impugnarse actos ou resolucións non susceptibles de reclamación ante o TEA.
  • Cando a reclamación se presente fóra de prazo.
  • Cando falte a identificación do acto contra o que se reclame.
  • Cando a petición contida no escrito de interposición non garde relación co acto recorrido.
  • Cando concorran defectos de lexitimación ou de representación.
  • Cando a reclamación presentada impugne actos que se fundamentan en actos firmes e consentidos, ou que son confirmatorios de actos firmes e definitivos, ou cando exista cousa xulgada.
  • A Resolución estimatoria
  • O TEA poderá estimar a reclamación económico-administrativa adoptando os seguintes acordos:
  • Anulación total ou parcial do acto impugnado por defectos de forma.
  • Anulación total ou parcial do acto impugnado por razóns de dereito substantivo.
  • A Resolución desestimatoria

5. Condicións para que o acto impugnado quede en suspenso mentras se resolve a reclamación

O interesado debe ter en conta, en primeiro lugar, estas normas xerais:

  • A mera interposición dunha reclamación económico-administrativa non suspende a execución do acto impugnado. 
  • A execución do acto impugnado quedará suspendida automaticamente a instancia do interesado coa presentación de garantías do importe de dito acto. As garantías serán exclusivamente as seguintes:
  • Depósito de diñeiro ou valores públicos.
  • Aval ou fianza de carácter solidario dunha entidade de crédito, ou sociedade de garantía recíproca ou certificado de seguro de caución.
  • Fianza persoal e solidaria doutros contribuíntes de recoñecida solvencia para os supostos que se establezan na normativa tributaria.
  • No caso de que a impugnación refírase a unha sanción tributaria a execución da mesma queda suspendida automáticamente sen necesidade de aportar garantías. 
  • Cando o interesado non poida aportar as garantías exisidas para a concesión da suspensión automática, o tribunal acordará a suspensión logo da prestación doutras garantías alternativas que se estimen suficientes.
  • O interesado poderá solicitar a suspensión do acto impugnado sen necesidade de achegar ningún tipo de garantía cando xustifique a existencia de erros aritméticos, materiais ou de feito; ou naqueles casos nos que a execución do acto impugnado poida ocasionarlle prexuízos de difícil ou imposible reparación. 
  • A execución dun acto ou resolución impugnados mediante recursos extraordinarios non poderán suspenderse en ningún caso.
Lexislación básica de interese para a cidadanía

O procedemento económico-administrativo regularase dacordo coas disposicións previstas neste capítulo, na Lei Xeral Tributaria e na normativa estatal reguladora das reclamacións económico-administrativas.

  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Régimen Local, modificada pola Lei 57/2003, do 27 de decembro, de medidas para a modernización do Goberno Local.
  • Lei 58/2003 do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
  • Real Decreto 520/2005 do 13 de maio polo que se aproba o Regulamento Xeral de Desenvolvemento da Lei 58/2003 Xeral Tributaria en materia de revisión en vía administrativa.
  • Real Decreto 939/2005 do 29 de xullo polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
  • Real Decreto 1065/2007 do 27 de xullo polo que se aproba el Regulamento Xeral das actuacións e os procedimentos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos.
  • Ley 30/1992 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
  • Ordenanzas Fiscais do Concello de Lugo.