Preguntas frecuentes sobre o Servizo 010

O Servizo de Información Municipal 010 é o principal medio de comunicación e de contacto entre o Concello e os cidadáns. Coñece como funciona, como contactar e que servizos presta o Teléfono do Concello.

Que é o 010?

O telefono 010 é un novo medio de comunicación e de contacto cos cidadáns. É un servizo moderno e áxil que abre novas vías á comunicación cos cidadáns de Lugo: teléfono, fax e correo electrónico.

Para que serve?

O servizo de información municipal 010 permite

  • Obter información sobre servizos municipais, actividades, actos e programación das diversas concellerías, e sobre os eventos que teñan lugar na cidade de Lugo.
  • Dispor da información actualizada sobre como realizar os trámites que precise no Concello.
  • Recibir avisos de avaría, reclamacións e suxestións.
  • Funcionar, en definitiva, como o servizo de información de referencia no Concello.
Quen pode chamar ao Teléfono do Concello?

Calquera persoa pode chamar, simplemente marcando o número 010 no termo municipal de Lugo, tanto dende teléfonos fixos como dende móbiles de calquera operador.

Para chamadas de fóra do municipio, o número será 982 297 350.

Agora o 010 máis accesible a través dun servizo para que as persoas xordas poidan realizar as súas consultas coa administración, sendo estas tramitadas coa maior celeridade posible. As consultas poden realizarse a través de distintos medios dispoñibles no Buzón de consultas para persoas xordas.

Cando custa contactar co 010?

O custo da chamada é o dunha chamada local, para fax e voz. O e-mail non ten custo se se dispón dunha conexión a Internet. 

Cando se pode chamar?

O horario de servizo é de 8:30 da mañá a 18:30 da tarde, de luns a venres.

Como funciona?
  • Pode chamar ao teléfono 010,  ou enviar un e-mail ó enderezo de correo electrónico do servizo.
  • Este contacto será tratado polo Servizo 010, segundo o caso, falando con vostede directamente a través do teléfono, e tomando nota da súa petición de información, resolvéndoa no momento, se é posible, ou solicitando ó servizo municipal correspondente a información necesaria. Cando esta estea dispoñible chamarémolo para informalo da súa petición.
  • No caso de avisos de avaría, reclamacións, etc., daráselles o trámite axeitado, informándoo do resultado da xestión vía telefónica, por e-mail ou remitíndolle un SMS ó seu teléfono móbil.
  • En todo momento poderemos informalo do estado da súa solicitude de información. 
  • Se se fai necesario, poderémoslle remitir os impresos para a tramitación que precise.
E lembra...
  • Podes chamar ó 010, ou un correo electrónico ó enderezo: 010@concellodelugo.org. Para chamadas de fóra do municipio, o número será 982 297 350.
  • O custo da chamada é o dunha chamada local
  • O horario de atención é de 8:30 da mañá a 18:30 da tarde de luns a venres .
  • Fóra deste horario de atención do Servizo 010 está en funcionamento un buzón de voz conectado cos servizos de emerxencia e tamén se poden deixar consultas, que serán atendidas coa maior celeridade posible en horario laborable.
  • Agora o 010 máis accesible a través dun servizo para que as persoas xordas poidan realizar as súas consultas coa administración, sendo estas tramitadas coa maior celeridade posible. As consultas poden realizarse a través de distintos medios dispoñibles no Buzón de consultas para persoas xordas.
  • Podes obter información sobre servizos municipais, actividades, actos e programación das diversas concellerías, e sobre os eventos que teñan lugar na nosa cidade, así como dispor da información actualizada sobre como realizar os trámites que precise no Concello