- Tema
A Axenda 21 é un ambicioso programa aprobado na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Ambiente e Desenvolvemento celebrada en Río de Janeiro en 1992.
A Axenda 21 é un ambicioso programa aprobado na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Ambiente e Desenvolvemento celebrada en Río de Janeiro en 1992. Este "Programa 21" ten por obxectivo sentar as bases dun modelo de Desenvolvemento Sustentábel.
O documento ten cerca de 540 páxinas e establece un programa de acción para o século XXI a ser adoptado polos diversos países, tornándose a base de moitos programas de acción nacionais. Os diferentes capítulos desta Axenda abordan as múltiples facetas da sustentabilidade como as desigualdades e a pobreza, a protección da saúde, a calidade do medio (auga, atmosfera, etc) , a biotecnoloxía, os recursos mariños, a produción e xestión de residuos ou a educación ambiental, até completar un conxunto de 39 capítulos.
Pensar globalmente, actuar localmente
A Axenda 21 nace na Conferencia do Río en 1992, como programa deseñado para atinxir un modelo de desenvolvemento sustentábel, establecendo as bases para o deseño de estratexias de desenvolvemento económico ambientalmente respectuoso.
Recollendo o testemuña de Río, dous anos despois celébrase a Conferencia Europea sobre Cidades e Pobos Sustentábeis, na cidade dinamarquesa de Aalborg, onde se firma a Carta que leva por nome a esta cidade. A denominada Carta de Aalborg é unha declaración de compromiso das autoridades locais para o desenvolvemento de programas e estratexias a prol do desenvolvemento sustentábel, fundamentalmente no eido local. Entre estes programas e estratexias o máis salientábel é a Axenda 21 Local.
O ámbito local, en canto unidade política máis pequena e próxima o cidadán, é concibido desde esta perspectiva como o ámbito de actuación privilexiado en relación coas problemáticas urbanísticas, económicas, sociais e ambientais o nivel local e de maior respecto o principio de subsidiariedade, pedra angular da idea de intervención local. Para tal, tórnase importante que os poderes locais inicien un proceso de diálogo con todas as entidades, desde escolas e universidades, empresas, e organizacións cívicas en xeral, co máximo de transparencia e diálogo.
"Cada autoridade local deberá iniciar un diálogo cos seus cidadáns, organizacións locais e empresas privadas e aprobar un Programa 21 Local. Mediante a celebración de consultas e a promoción dun consenso, as autoridades locaislocais van recibir achegas da cidadanía e as organizacións cívicas, empresariais e industriais locais e obterán a información precisa para formular as mellores estratexias".
Cap. 28 do Programa 21, Cimeira da Terra, Río de Janeiro, 1992
Na carta de Aalborg, as cidades e pobos europeos asinantes da mesma, tomando conciencia de que o actual modelo de desenvolvemento pon en cuestión o benestar futuro, comprométense a traballar xunto cos seus cidadáns a prol de un modelo máis xusto socialmente, economicamente equilibrado e ambientalmente respectuoso. é este o espírito que inspira a Axenda 21 Local, como programa para formular e abordar accións a prol da sustentabilidade no eido local. Este programa comeza coa avaliación do estado do municipio nos ámbitos ambiental, social e económico, e a construción dun amplo consenso acadado a través da participación de toda a comunidade.
Este é tamén un proceso que esixe autoavaliación constante dos resultados obtidos a partir das accións implantadas, a fin de determinar o grao de cumprimento dos obxectivos propostos e modificar as accións a medida que muda a situación avaliada de partida.
O camiño da Axenda 21 Local. O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular é unha asociación transfronteiriza de municipios, integrados por las 18 principales cidades do Norte de Portuga e de Galicia que configura o sistema urbano da eurorrexión.
Dezaoito cidades competidoras por natureza, cooperan por vontade política en tres grandes áreas:
- Cohesión interna
- Desenvolvemento da Europa dos cidadáns
- Cooperación interrrexional e transfronteiriza para o desenvolvemento local
+Info na web do Eixo Atlántico www.eixoatlantico.com
Coordinación da Axenda 21 no Concello de Lugo
axenda21@concellodelugo.org | Tel. 010
- Agenda 21
- Agenda 21 Eixo
- Auditoría Urbana
- Axencia Europea do Ambiente
- Campaña Europea para as Cidades Sustentables
- Cumios da Terra
- Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte
- Consello Internacional para as Iniciativas Ambientais Locais
- Direcção-Geral do Desenvolvimento Regional
- Eco-kids / Axenda 21
- Ministério do Ambiente Português
- Naciones Unidas / Axenda 21
- Programa das Naciones Unidas para o Ambiente
- Xunta Galicia