XLVII Semana de Música do Corpus

XLVII Semana de Música do Corpus

Do 24 de maio ao 8 de xuño de 2019
Varios lugares: Círculo das Artes | Casa do Saber | Centro Cultural O Vello Cárcere

Ao longo de case un mes, artistas e agrupacións destacadas fan protagonistas a grandes pezas da historia musical con melodías clásicas e barrocas. Un evento cheo de prestixio e calidade que, nesta ocasión, reunirá na cidade á Real Filharmonía de Galicia, ao grupo Forma Antiqva, ao dúo Las Arpas Sonoras, ao trío MUSica ALcheMIca, á Orquestra Sinfónica Vigo 430, ao grupo El Afecto Ilustrado con Hugo Bolívar, a Germán Díaz &Benxamín Otero, á pianista Gabriela Montero e á Historia do Soldado. A entrada para toda a programación, que será sempre ás 20:30 horas, é libre, ata completar cabida.

Completa a programación o VI Festival Internacional de Órgano, que se celebra do 4 ao 24 de xuño. Tamén haberá música na rúa, o 25 de maio.

Directorio