XIV Semana Internacional de Maxia en Lugo - Lugo Máxico

Diversos espazos da cidade

Na Praza Maior, nas escola infantís da Piringalla, Serra de Outes, Gregorio Sanz e Sanfiz; no Auditorio Municipal Gustavo Freire e nas ociotecas do Uxío Novoneyra, Milagrosa, Maruja Mallo; así como no MIHL, no Mercado Municipal, no Mesón do Forno, no Centro de día Antonio Gandoy, nas Casas das Linguas de Acea de Olga e da Piringalla, no Vello Cárcere, no HULA, na Praza do Castiñeiro, na Ponte Romana, e no Hospital de Calde.

A XIV Semana Internacional de Maxia en Lugo ofrece unha programación para todas as idades, que achegará unhas corenta actividades á cidadanía, estreando dous lugares esta edición, o Vello Cárcere e as Casas das Linguas. Trátase dun festival considerado dos máis importantes de Europa, recoñecido por prestixiosos magos como Jorge Blass, Yunke ou Juan Tamariz.

Máis info

Multimedia