VI Cursos Primavera Segura

Do luns, 24 de Abril de 2017 a luns, 29 de Maio de 2017
Parque Infantil de Tráfico

O Concello, coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico, continúa fomentando a educación viaria entre os nenos e nenas, de 8 e 14 anos, cos VI Cursos de Primavera Segura, co obxectivo de que os máis cativos e cativas adquiran condutas seguras como peóns e viaxeiros e como usuarios do transporte público e privado, así como aspectos sobre tráfico, hábitos correctos e seguros tanto en vías urbanas como interurbanas, e situacións de tráfico reais. 

Todos os interesados n poderán inscribirse do 3 ao 17 de abril no Parque Infantil de Tráfico ou na Xefatura Provincial de Tráfico, en horario de 09:30 a 14:00 horas. Deberán achegar a solicitude debidamente cumprimentada, a autorización familiar e unha fotocopia do DNI ou do Libro de Familia. A lista de admitidos publicarase o 20 de abril no taboleiro de anuncios do Parque Infantil de Tráfico, na páxina web do Concello www.lugo.gal e na Xefatura de Tráfico. A inscrición é totalmente gratuíta.

Estableceranse 5 quendas en función das idades dos cativos e cativas. Un primeiro turno do 24 ao 28 de abril para os nenos e nenas de entre 12 e 14 anos, un segundo e un terceiro, do 2 ao 5 de maio e do 8 ao 12 de maio, para os de 10 e 11 anos, e un cuarto e quinto, do 15 ao 19 e do 22 ao 26 de maio, respectivamente, para os nenos de 8 a 9 anos. As actividades desenvolveranse en horario de tarde, entre as 17:00 e as 19:30 horas, e cada grupo, non superior a 15 alumnos, asitirá ao menos durante unha semana seguida que será asignada previamente, recibindo formación teórica e práctica.