Representación de "Matar al rey" dentro da XV Mostra de Teatro Clásico

Matar al Rey, de Chema Cardeña. Un thriller medieval na Castela do século XV. Arden Producciones.

 

29 de xaneiro ás 20:30, Auditorio Municipal Gustavo Freire

Prezos das entradas

Na zona A 10 euros e na zona B 8 euros e que contarán con desconto do 20% para persoas desempregadas, menores de 30 anos ou pensionistas. As obras para público familiar van ter un prezo único de 5 € e non entrarán nos bonos. Ademais establécense bonos para nove representacións que custan entre 40 e 50 euros. 

Venda das entradas

Os bonos só se poderán mercar a través do portal web http://entradaslugo.es entre os días 9 e 15 de xaneiro. No caso das entradas poderanse mercar dende o 17 de xaneiro ata 3 horas antes do comezo de cada función na web http://entradaslugo.es e no auditorio, os venres entre o  9 de xaneiro e o 27 de febreiro, das 18.00 ás 21.00 horas e o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo. As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso. 

Teatro Clásico + Puro Sabor

Poderá degustar a tapa desta obra teatral desde o 22 de xaneiro ata o 28 de febreiro no seguinte establecemento: Restaurante Campos cunha tapa de Empanada negra de mexillón en escabeche. 

Prezo das tapas

O prezo da tapa é de 2 € e o público asistente poderá gozar delas de balde se son dos 50 primeiros bonos vendidos a través do portal web http://entradaslugo.es e os 20 primeiros adquiridos no Auditorio. Tamén poderán degustar as tapas de balde as 50 primeiras entradas vendidas a través do portal web e as 20 primeiras adquiridas no Auditorio para cada unha das funcións. En todos os casos premiaranse cun vale para cambiar pola tapa do establecemento correspondente. Os bonos e as entradas vendidos a través do portal web que resulten premiados recibirán no correo electrónico un aviso que deberán presentar no auditorio para poder recoller os seus vales. Este troco realizarase sempre ao rematar a función, para non entorpecer o discorrer do funcionamento da billeteira.

Organiza

Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Directorio