Programación de teatro e danza para familias

Do 28 de outubro ao 16 de decembro
Auditorio Municipal Gustavo Freire

Programación do Concello en colaboración con AGADIC coa que se ofrece un espazo de lecer ás familias, onde nenos e nenas xunto aos pais e nais gocen con diversas actuacións. As actividades forman parte tamén do programa Apego para o fomento da lingua galega entre os pequenos e pequenas.

A programación, que terá lugar sempre ás 18:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, é a seguinte:

  • 28 de outubro: Tanxarina: A galiña azul; un espectáculo que mestura monicreques e actores, baseado no conto homónimo de Carlos Casares.
  • 11 de novembro: Mundo Piruleta: A Biblioteca Máxica; un proxecto educativo que cosnta de varias obras diferentes coa mesma plástica e estilo, onde o seu protagonista vive diversas aventuras a través dos libros, o teatro e a bilbiografía de personaxes cébres.
  • 18 de novembro: Teatro Marionetas Trécola: O agasallo de Anya; unha obra baseada no conto orixinal de Sabela Núñez Singala, respresentada con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.
  • 9 de decembro: Entremáns Danza: Gaia; unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual axudan a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do planeta e dos tesouros naturais.
  • 16 de decembro: Expresión Producións: Uxío no país de Patadecabra; un espectáculo de maxia, teatro e monicreques.

O importe das entradas é de 5€ para os adultos e de 2,5€ para os nenos e nenas. Venderanse na Oficina Municipal de Turismo e no auditorio, desde unha hora e media antes das actuacións.

Documento