Obradoiro de radio organizado polo Concello e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Últimos días para inscribirse no obradoiro de radio que organizan o Concello e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Todos os luns de febreiro | 16:00 - 19:00

O Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abellerira, comunica que esta semana remata o prazo de inscrición para participar nun obradoiro de radio que se vai impartir no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra os días 2 e 5 de decembro.

O obradoiro radiofónico para a formación en valores a través da música está organizado polo Concello en colababoración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e dispón de 15 prazas ás que poden optar persoas maiores de 16 anos.

As sesións terán lugar en horario de 16 a 19 horas e as inscricións pódense facer, antes do día 30 de novembro no propio Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

O Concello de Lugo é un dos dez municipios socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no que se desenvolverá esta actividade de sensibilización impartida pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso).

A iniciativa busca sensibilizar á cidadanía sobre os Dereitos Humanos e os Obxectivos do Milenio, fomentando á vez as habilidades de participación, a través da comunicación para o desenvolvemento. Nas capacitacións adquiriranse as destrezas básicas para elaborar unha peza radiofónica na que se reflexionará mediante a música arredor de temas como a igualdade, a convivencia pacífica, as causas da pobreza ou o coidado do medio ambiente. O apartado musical pode complementarse con entrevistas, enquisas na rúa, faladoiros, etc.

Os obradoiros teñen unha duración de seis horas estruturadas en dúas xornadas. Na primeira impartirase unha introdución ao medio radiofónico para coñecer as súas características, a linguaxe ou os xéneros xornalísticos, amais de explicar os ODM e os DDHH. Na segunda sesión poranse en común as cancións recompiladas, para logo realizar guión e a gravación.

O espazo resultante emitirase en Agareso Radio e colgarase na web www.fondogalego.org  como podcast, e ademais cederase ás canles locais. A actividade encádrase no Plan de Sensibilización do Fondo Galego e conta co apoio da Xunta de Galicia.

Obxetivos que persegue o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 90 Concellos e as Deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido 142 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

Directorio