Lugo vístese de primavera

O Concello e a Asociación de Autónomas danlle un novo pulo ao comercio lucense

13 de maio de 2017
Centro Cultural do Vello Cárcere

A iniciativa Lugo vístese de primavera trátase dunha actividade organizada polo Concello en colaboración coa Asociación de Autónomas de Lugo, que ten a finalidade de reactivar o comercio lucense. Nela participan ao redor dunhas noventa tendas da cidade.

O evento comezará ás 17:30 horas, coa apertura de portas. Posteriormente ás 18:30 horas, celebrarase o desfile de moda, no que participarán unhas vinte tendas de Lugo. Ás 20:30 horas, terá lugar o concerto de En clave de fado. Tamén haberá unha zona infantil, sorteos e outras sorpresas.

Directorio