I Semana Intercultural de Lugo

Sete días para promover o consumo responsable e a convivencia pacífica

Do 8 de maio de 2017 ao 13 de maio de 2017
Praza Maior, Casa Consistorial e Edificio de Novas Tecnoloxías

I Semana Intercultural de Lugo, impulsada polo Concello e a asociación Lugo Xusta, terá lugar do 8 ao 13 de maio, na Praza Maior, na Casa Consistorial e no Edificio de novas tecnoloxías, con actividades gratuítas para todos os públicos como cine, concertos, conferencias, obradoiros, exposicións ou contacontos. O último día, o sábado, celebrarase unha gran festa na Praza Maior, na que haberá un Mercado de comercio Xusto e Responsable e actividades diversas ao longo de toda a xornada.

Máis info