Exposición Nosotros de Carlos Montero

Unha exposición coas obras de Carlos Montero, un pintor lucense que tamén é arquitecto, pero que constrúe os seus cadros cos materiais da máis carnal e verdadeira humanidade.

Xoves, 05/02/2015 - Martes, 31/03/2015

Un perfecto dominio do debuxo e un potente colorido caracterizan a súa obra, que se ten definido como realismo fantástico, como expresionismo. De feito, aínda que este lugués sexa tamén arquitecto de profesión, como pintor non parece que sexa un pintor-arquitecto, nin menos un arquitecto-pintor.

Trátase dunha pintura fortemente narrativa, unha pintura que conta historias ás veces complexas, historias que o espectador recibe nun golpe de vista e vai despois desentrañando fragmento a fragmento nunha contemplación demorada: os cadros de Carlos Montero teñen unha certa propiedade hipnótica que captura a atención e nos obriga a mirar figura a figura, detalle a detalle, procurando todos os compoñentes e todas as relacións entre os personaxes e as cousas.

  • De martes a sábado de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30
  • Domingo de 17:00 a 20:00 horas

Directorio