Excursións do programa Terras de Auga e Cultura

O Concello ofrece 40 oportunidades máis para coñecer o rural lugués e os municipios limítrofes con este programa de andainas

Do domingo, 9 de abril de 2017 a domingo, 17 de decembro de 2017
Visitas a diversos lugares

A quinta edición do plan turístico Terras de Auga e Cultura inclúe un total de 40 rutas pola zona rural de Lugo e municipios limítrofes. Trátase dunhas andainas que se desenvolverán todos os domingos ata o 17 de decembro, excepto o 2 e xullo e o 8 de outubro, por coincidir co Arde Lvcvs e o San Froilán, respectivamente, así como algún día festivo.

Terras de Auga e Cultura é o programa do Concello de visitas temáticas de promoción turística para dar a coñecer o patrimonio natural, arquitectónico e cultural que se conserva, principalmente, nas parroquias luguesas. Algunha destas andainas combina sendeirismo con actividades didácticas, e outras son completamente accesibles.

Estas rutas turísticas, de carácter gratuíto, desenvolveranse de 10:30 a 19:00 horas, de abril a outubro, e de 10:30 a 18:00 horas, nos meses de horario de inverno e teñen como punto de saída e de regreso a parada do bus urbano situada diante do Seminario Maior, na rúa Anxo López Pérez. Do mesmo xeito que nas anteriores edicións, os interesados poderán inscribirse na Oficina Municipal de Turismo, con prazo límite para inscribirse fixado ás 14:00 horas do día anterior á celebración da excursión. O número máximo de excursionistas será de 35 persoas. Algunha delas ten aforo limitado a 25.

Documentos