O día 9 de xuño de 1948, a UNESCO creou o Consello Internacional de Arquivos (CIA), e con ese motivo celébrase o Día Internacional dos Arquivos
O CIA promove este evento coa seguinte finalidade: descargar PDF
A vida cotiá no Cárcere do Partido Xudicial de Lugo
Os documentos de arquivo, teñen dúas funcións principais :garantir os dereitos do cidadanía e servir de fontes para a memoria dos pobos , neste caso a que nos leva a reconstruír a historia desta cidade na que habitamos.
Neste ano con motivo da inauguración do edificio, recen restaurado, que naceu como Cárcere do Partido Xudicial,en 1888, convértindose en Prisión Provincial no ano 1913, pasando polas distintas etapas posteriores, unhas máis tristes que outras, e que pechou as súas portas no ano 1981, o Arquivo Municipal , a través dos expedientes, fotografías, planimetría e rexistros que custodia, tivo a oportunidade de poder reconstruír nunha pequena mostra , nos baixo do actual Centro cultural do Vello Cárcere, os motivos, o proxecto do edificio e o funcionamento deste antigo correccional : o segundo “cárcere modelo” do Estado español .
Pero aínda nos quedaban aspectos da vida cotiá dos reclusos que penaron nas súas celas e pasearon polos seus patios , construídas cun alarde de medios , hixiene e seguridade inauditos da época.
Por ese motivo, neste día tan sinalado para reivindicar o papel que xogan os arquivos municipais nas nosas vidas decídemos amosar documentos, que aínda que non sexan tan vistosos ou tan “bonitos “ como os expostos noutros anos, teñen un alto valor histórico pola información que conteñen e de paso darlles a coñecer un pequeno resumo da “vida carceraria” dos nosos presidiarios decimonónicos e dos recen estreado, daquela, século XX.
Esperamos que sexa do seu agrado.
+ info
- A vida no cárcere
- Resumo dos avatares das paredes do cárcere do Partido Xudicial de Lugo
- Persoal e capacidade do establecemento penitenciario
Outros anos
- Celebración do día internacional dos arquivos 2016
- Celebración do día internacional dos arquivos 2014
- Celebración do día internacional dos arquivos 2013
- Celebración do día internacional dos arquivos 2012
- Celebración do día internacional dos arquivos 2011
- Celebración do día internacional dos arquivos 2010
Grazas por chegar ata aquí e polo seu interese.
A Alcaldesa dona Lara Méndez, o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Xosé Daniel Piñeiro Villares, ademais do persoal do Arquivo Municipal esperan que disfrutaran con esta pequena mostra do patrimonio documental deste Concello e cidade de Lugo.