Concertos, teatro e danza

Actividades culturais durante os meses de febreiro, marzo e abril

Do 9 de febreiro ao 25 de abril de 2017
Auditorio Municipal Gustavo Freire

Actividades culturais, entre as que se inclúen concertos, teatro e danza, que se celebrarán durante os meses de febreiro, marzo e abril. Os prezos para asistir aos concertos, que na zona A serán 18 euros e na zona B, 15 euros. As funcións teatrais terán un prezo único de 8 euros, excepto a función do día 31 de marzo, dirixida a estudantes, e cun prezo único de 5 euros. Contarán con desconto do 20% para as persoas desempregadas, os menores de 30 anos, os pensionistas e os artistas membros da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.

As entradas poderán mercarse a través do portal web www.entradaslugo.es ata 3 horas antes de cada actividade. Así mesmo, poden adquirirse no auditorio o día da celebración dende unha hora e media antes do comezo do espectáculo, e no Centro de Interpretación da Muralla. As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

Máis info

Directorio