Animación á lectura e contacontos

Do 24 de outubro ao 21 de novembro
Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal impartirá ao longo de outubro e novembro diversas sesións de animación á lectura e contacontos. Trátase da actividade Familias Diversas, de Trinke Trinke Teatro, o mércores 24 de outubro; Coas mans na masa, de OQO Editora, o 31 de outubro, Comerá o bebé, de Cris de Caldas, o 8 de novembro, e Isto non é unha caixa, de Sarabela Teatro, o 21 de novembro. Todas as actuacións arrincan ás 18:30 horas.

A entrada é gratuíta, pero é necesario retirar unha tarxeta de invitación, que estarán dispoñibles a partir do luns da semana da actuación correspondentes, dende as 16:30 horas, por estrita orde de chegada. O máximo son dúas invitación spor persoa. Esta programación, do mesmo xeito que a anterior, busca fomentar o galego entre os nenos e nenas, existindo actividades para os cativos e cativas de 0 a 3 anos, a partir de 3, de 4 e de 5 anos.