33ª Feira do Libro de Lugo

Martes 12 - Domingo 17 de maio
Praza Maior

Programa de actividades 

Día 12. Martes

  • 17.30 Obradoiro de Braille, pola ONCE
  • 19.00 Inauguración. Actuación da Banda Filharmónica de Lugo.
  • Pregón a cargo do escritor lucense Xoán Ramón Díaz.

Día 13. Mércores

  • 18.00 Actuación de grupos de alumnos e profesores do Conservatorio de Música Xoán Montes de Lugo.
  • 18.45 Lectura pública de relatos seleccionados no X Premio Internacional de contos escritos por persoas con discapacidade cerebral Fundación Anade.
  • 19.30 Nova actuación do Conservatorio de Música Xoán Montes.
  • 20.00 Alfonso Vázquez Monxardín, Patricia Chachero e outros autores presentan "Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía", pola Fundación Otero Pedrayo. Participa Víctor Fernández Freixanes, presidente da Fundación.

Día 14. Xoves

  • 18.00 Actuación da Escola de Música Fábrica de Sons
  • 18.30 Aurea López Lamela asina na caseta da libraría Trama
  • 19.00 Pablo Núñez asina "Las hijas de César" de Hércules Ediciones
  • 19.00 Xosé Ramón Freixeiro Mato e o grupo de investigación da USC presentan "Modelos de lingua e compromiso" e "A poesía oculta de Filgueira Valverde", por Baía Edicións.
  • 19.00 Concerto da Banda Municipal de Música de Lugo
  • 20.00 Recital de poesía, presentado por Eva Xanín e Xosé Estévez, coa participación de: Beti Arias, Evinha de la Torre, Xosé Luís Louzao, Chus Amieiro, Manuel Gwermade, Adela Figueroa, Ramón González, Conchita Paz, Serxio Aller, Luisa Paz, Manuel Celso Matalobos, Ana P. Croas, Jesús Trashorras, Luisa Arias, José Pedreira, Ana Vila, Paco Ledo e Iria López. A actuación musical, correrá a cargo do grupo Pandereteiras da Lúa. No mesmo acto, terá lugar a presentación do libro Xoel, do escritor Xosé Estévez, publicado por Redelibros.

Día 15. Venres

  • 18.00 Actuación do alumnado do Conservatorio de Danza de Lugo
  • 18.30 Actividade de animación lectora da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Contacontos e minitaller de linguaxe de signos, impartido por Miguel Carregado.
  • 19.00 Madaly Gómez Rodríguez asinará "Sentimentos … para compartir", por Edicións Vértice, na caseta da Libraría Biblos.
  • 19.00 Pablo Núñez asina "Las hijas de César" de Hércules Ediciones.
  • 20.00 Xurxo Souto presenta "Océano para terrícolas". Espectáculo baseado no seu libro "Contos do Mar de Irlanda", publicado por Ed. Xerais. Premio Irmandade do Libro, Libro do Ano 2014 da Federación de Librarías de Galicia.

Día 16. Sábado

  • 12.00 Tomás Guerrero presenta "A deserción de Stalin". Finalista do Premio Castelao de Banda Deseñada 2014. Sinatura de exemplares ao remate.
  • 18.00 Contacontos por José Manuel Alonso. Actividade organizada por Nova Galicia Edicións.
  • 19.00 Paco Martín presenta "A rula, o peluche e a nena", ilustrado por Belén Martín, por Edicións Xerais de Galicia.
  • 20.00 Xosé de Cora e Francisco Narla, presentan a antoloxía de novela histórica "Retales del pasado", por Ediciones Pàmies. Sinatura de exemplares ao remate.

Día 17. Domingo

  • 12.00 Actuación da Banda de Música no palco da música.
  • 13.00 Interpretación de música tradicional galega na Praza Maior, a cargo do alumnado dos centros de ensino de Lugo.
  • 18.00 Obradoiro de Elaboración de gominolas naturais, por Carme Freire.
  • 19.30 "Historias da curripa e outros romances". Monólogo humorístico a cargo de Lois Pérez.

Directorio