O voceiro municipal, Miguel Fernández, informou de que a Xunta de Goberno aprobou este mércores, tal e como xa avanzara a Alcaldesa, Lara Méndez, no Pleno ordinario celebrado o pasado xoves, a licitación do contrato de guindastre.
O cambio de sinalización no barrio da Piringalla para continuar favorecendo na cidade a mobilidade inclusiva pola que traballa o Goberno será efectiva dende mañá martes, segundo confirmou hoxe mesmo o Gabinete de Tráfico da Policía Local.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanzou este xoves no Pleno que a Xunta de Goberno aprobará a próxima semana a licitación do contrato do servizo municipal de guindastre por un período de un ano, con opción de prórroga por outro.
A Xunta de Goberno deste mércores vén de aprobar as bases específicas para o acceso en propiedade a un total de 39 prazas de emprego público pertencentes ao cadro de persoal funcionario ou laboral do Concello, segundo informou o Voceiro municipal, Miguel Fernández.
O cambio de sinalización no barrio da Piringalla para continuar favorecendo na cidade a mobilidade inclusiva pola que traballa o Goberno comezou esta semana e será efectivo a finais da que vén. Os traballos comezaron polo repintado das sinais horizontais para logo instalar a verticais.
A Corporación municipal, coa Alcaldesa, Lara Méndez, á fronte, participou nos actos conmemorativos polo Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico, consistentes nunha concentración e a lectura dun manifesto diante da Xefatura Provin
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, achegouse este xoves ata a Sala do 092 das dependencias da Policía Local, onde presentou, xunto ao Inspector Jesús Piñeiro, os novos equipos de comunicación que vén de adquirir o Goberno para este servizo básico, tanto para a cidadanía como para o Concello.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deulle a benvida ao grupo nesta sesión, na que visitaron as dependencias policiais, comezando pola unidade de Atestados, onde se interesaron polos drogotest e os controis de alcol.
O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, anunciou este luns que o Goberno vén de reforzar o servizo municipal de Xestión Urbanística coa incorporación de dúas novas traballadoras –auxiliares administrativas por acumulación de tarefas- co fin de axilizar a tramitación d
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este martes, no despacho da Alcaldía, ao novo xefe da Policía Local de Cáceres, Benedicto Cacho Morales, que tras ascender a inspector, está a realizar o preceptivo módulo de formación externa para incorporarse ás súas novas funcións.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 125
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- 131
- 132
- 133
- …
- seguinte ›
- última »