A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada por tres profesores e profesoras, deu a coñecer este luns, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, as xornadas educativas Talent Lab Lugo: Descubre, Pontencia, Comparte, que se celebrarán o xoves 9 e o venres 10 de maio, no
O Concello de Lugo, a través de Europe-Direct Lugo, o centro de información europea da entidade local, celebra este xoves, 9 de maio, o Día de Europa con distintas actividades.
A Xunta de Goberno aprobou este mércores sacar a contratación a subministración e instalación dunha área de xogos infantís, con pavimento de seguridade, na Praza da Milagrosa; coa que o Concello completará a peonalización e humanización deste punto de encontro emblemático do barrio.
A Alcaldesa, Lara Méndez, xunto ao presidente da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, Jesús Vázquez, presentaron, xunto a uns corenta veciños e veciñas da zona norte da cidade, unha nova edición, a 22ª, da tradicional e concorrida Feira do Campo e Artesanía de San Isidr
A matroa volveu na mañá deste luns ao lugar que ocupaba no Parque da Milagrosa, tras a restauración do Concello. A entidade local investiu uns 5.800 euros a través do Plan de Barrios e dentro deste, enmarcado nas accións de humanización da cidade.
O Concello preparou unha nova iniciativa para seguir difundindo as instalacións do Mercado Municipal e da Praza de Abastos entre a veciñanza.
O Concello inicia hoxe as tarefas de mellora de saneamento en catro puntos da cidade, tras asinar nos pasados días o contrato destas obras, adxudicadas a Construcciones Sanle S.L., cun orzamento duns 56.000 euros e un prazo de execución de 6 semanas.
O concurso de debuxo posto en marcha polo Concello, enmarcado dentro da Estratexia DUSI de Lugo, denominada Muramiñae, da Muralla ao Miño, financiada ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER); recibiu uns 200 traballos de nenos de entre 6 e 12 anos.
Lugo súmase dende hoxe á tendencia de letras de benvida á cidade, pois conta dende agora cunha identificación importante en dúas das súas entradas; pola Avenida de Madrid e pola Avenida das Américas.
O Concello asinou o contrato das obras para o acondicionamento dunha zona verde pública na rúa Serra dos Ancares, adxudicado a Jardincelas S.L., cun orzamento duns 40.000 euros e un prazo de execución de dous meses e medio, actuacións que comezarán nas vindeiras semanas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- 148
- …
- seguinte ›
- última »