O concelleiro da Area de Desenvolvemento Local Sostible, Alvaro Santos, anunciou hoxe que se procederá a contratación das obras de mellora de drenaxe na Estrada da Granxa, na Ronda das Fontiñas e na Escalinata da Estación, onde se investirán 83.217 euros, IVE incluído.
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou no día de hoxe que dende a Área de Mobilidade e Infraestruturas Urbanas se enviou ao servizo de contratación da proposta de inversión dos remanentes do Plan Único de 2018.
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co Concelleiro de Educación, Felipe Rivas, realizaron no día de hoxe a entrega dos diplomas de clausura dos cursos de verán do Parque Infantil de Tráfico nos que participaron un cento de nenos e nenas.
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou no día de hoxe que por parte do Concello non se formalizará a recepción do novo auditorio ata que non se faga “a correspondente auditoría técnica que confirme que a obra cumpre coas condicións prescritas no proxecto”.
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo anunciou que nas vindeiras semanas comezarán as reformas “para evitar os problemas que da o leiraparking do HULA nas épocas de choiva”.
Lugo, 13 de xullo de 2019. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou a posta en marcha dun plan para incrementar a seguridade vial no entorno dos Centros de Ensino. Arroxo estivo acompañado do edil do reponsable de Educación, Felipe Rivas, e do Concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas.
Lugo, 12 de xullo de 2019. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou da apertura ao tráfico da rúa Salvador de Madariaga. As obras comenzaron a finais do pasado mes de maio e contaron cun orzamento de 109.800 euros.
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitou as obras da rúa Frai Plácido Rei Lemos para comprobar o seu avance.
A área de Cohesión Social levou a Xunta de Goberno local a contratación de prazas para nenos e nenas con discapacidade para os campamentos de verán durante o mes de agosto e a primeira semana do mes de setembro co fin de facilitar a integración nos mesmos e que poidan mellorar a súa calidade de v
A Xunta de Goberno local aprobou a adxudicación das obras de urbanización a pé da parcela do novo CEIP do Polígono do Sagrado Corazón (beirarrúas e servizos) á empresa Construcciones Leonardo Miguélez, por un importe de 53.897 euros (IVE incluido), segundo anuncio o voceiro do BNG, Rubén Arroxo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- …
- seguinte ›
- última »