O concelleiro de Educación, Felipe Rivas, indicou que continuará traballando para que a Xunta de Galiza asuma a xestión das 4 garderías municipais.
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciaron en rolda de prensa que a concellería de Educación contactará coa Xunta de Galiza “para que asuma a xestión das Escolas Infantís Municipais”.
O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, indicou que a Mesa de Contratación está a estudar as 27 propostas que chegaron para a realizar o pintado da sinalización horizontal da cidade.
O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que durante a mañá de hoxe tivo lugar a mesa de contratación que aprobou a licitación das actuacións para a peonalización da rúa Quiroga Ballesteros entre a rúa Montevideo e a praza de Santo Domingo.
O persoal municipal designado pola concellería de infraestruturas urbanas recibirá a formación necesaria sobre o funcionamento e manexo dos equipamentos do Novo Auditorio.
O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou o comezo da entrega das axudas para a compra de material escolar.
O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, deu conta das incidencias que esta fin de semana aconteceron na rede semafórica municipal.
Este próximo xoves, a concellería de Deportes pretende aprobar o proxecto de obra e o prego de cláusulas administrativas así como do gasto para a substitución do céspede artificial nos campos de fútbol municipal de As Gándaras I (241.492’82€) e II (255.376’02€).
O Vello Cárcere acolleu durante a tarde de hoxe a benvida ao Apalpador, organizada por A Mesa Pola Normalización Lingüística, A Volta do Agro, Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, Cántigas e Frores, Madia Leva!, O Xeito, Semente Lugo, Tradescola e Troupelear, e coa que este ano colaborou a á
Un grupo de estudantes do grao en Enxeñaría Civil, acompañados polo Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, e por persoal técnico municipal, visitaron a Sala de Control de Tráfico para coñecer o seu funcionamento.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 125
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- 131
- 132
- 133
- …
- seguinte ›
- última »