No día de hoxe comezou na praza Maior a última fase do proceso de restauración do busto de Xoán Montes.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o edil de Medio Ambiente, supervisaban esta mañá a colocación da nova ornamentación floral da Praza Maior.
Desde a concellería de Infraestruturas Urbanas infórmase que durante os vindeiros días realizaranse os traballos de asfaltado no entorno do Auditorio Municipal Gustavo Freire.
O goberno de Lara Méndez solicitará á Xunta de Galicia a cesión dun tramo da estrada LU – 530 entre San Eufrasio e o paseo do Rato, co fin de mellorar a seguridade do tráfico neste punto da capital.
O executivo de Lara Méndez solicitará ao Ministerio de Fomento a cesión do tramo da estrada N-VI, comprendido dentro da zona de actuación da Estratexia DUSI, para a súa integración como vía urbana.
Co proceso de desescalada, a Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento reactiva o prazo de inscrición para ocupar as 142 prazas libres para o vindeiro curso nas catro escolas infantís municipais.
O servizo de impresión a demanda que puxo en marcha a Concellería de Educación recibiu en mes e medio un millar de correos de familias lucenses, entregándose neste período máis de 26.000 páxinas a 400 familias.
O executivo de Lara Méndez implantará un servizo 24 horas de reparación de avarías na rede de abastecemento municipal.
O goberno de Lara Méndez, dende a área de Medio Rural que dirixe Miguel Fernández, iniciou no día de hoxe as obras rexeneración do firme da estrada LU-P-2910 a Barbaín, parroquia de Santa Maria de Bóveda, que contan cun orzamento de 40.956 euros financiado polo Conce
Últimos días para inscribirse no curso online, impartido por profesionais da medicina, a psicoloxía e a comunicación, co que achegar aos participantes as habilidades e coñecementos precisos para enfrontarse ao novo escenario post COVID-19 e obter o diploma de Establecemento de Confianza.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 116
- 117
- 118
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- …
- seguinte ›
- última »