O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou que na vindeira semana comezará a realizarse o pintado da sinalización horizontal da cidade.
O Goberno de Lara Méndez dá un paso máis na súa aposta pola formación e especialización dos emprendedores e emprendedoras lucenses, como resposta á crise derivada da pandemia.
O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou que a Xunta de Goberno celebrada hoxe aprobou as bases das axudas para libros de texto e material escolar para familias con escasos recursos no segundo ciclo de educación infantil para o curso 2020-2021.
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que a Xunta de goberno de mañá aprobará a adxudicación do prego de mantemento dos edificios municipais.
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou da realización de 35 rebaixes en pasos de peóns de toda a cidade. Segundo declarou Rubén Arroxo, “é unha actuación necesaria para favorecer a accesibilidade, eliminando barreiras arquitectónicas, nos distintos puntos da cidade”.
O edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, supervisaba a primeira hora desta mañá os traballos de acondicionamento das tres ventás arqueolóxicas sitas na rúa Doutor Castro.
A área de Medio Ambiente executa estes días a roza das parcelas e vías municipais de San Fiz e Montirón e, neste mesmo enclave, procedeuse a limpar tamén a estrada Virxe da Esperanza que comunica o barrio co paseo do Rato.
O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento anunciou que, pola véspera do Día Nacional de Galiza, a área de Cultura animará as rúas de Lugo con varios pasarrúas en distintas zonas da cidade. Segundo declarou Felipe Rivas, “tendo en conta a situación sanitaria, decidimos continuar a face
O concelleiro de Medio Rural anunciaba esta mañá a execución, esta mesma semana, de varias actuacións na rede viaria do municipio.
O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, informou do inicio da primeira fase do plan de arranxos de vía pública que a área de Mobilidade realizará periodicamente para garantir o mantemento da vía pública nos distintos puntos da cidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- …
- seguinte ›
- última »