
O Goberno de Lara Méndez promoverá dúas catas arqueolóxicas no barrio do Carme co obxectivo de poñer en valor o patrimonio histórico e cultural desta zona, situada á saída do recinto amurallado pola Porta Miñá.

Os edís Cristina López e Alexandre Penas realizaron esta mañá unha visita ao soto da Praza de Abastos xunto con persoal técnico municipal e persoal da empresa encargada da realización dos traballos.

A área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, propón, dende hoxe, á mocidade lucense afondar no receitario galego a través dunha serie de talleres de cociña online.

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou que o vindeiro luns comezará unha nova actuación de mantemento no Aparcadoiro Municipal do HULA.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, fixeron entrega esta semana das chaves de seis almacéns aos diferentes colectivos deportivos que adestran nas Gándaras.

O Goberno de Lara Méndez acometerá a peonalización e humanización da Rúa do Esquecemento, cun investimento próximo aos 50.000 euros.


O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou a convocatoria dunha nova Mesa de Transporte Público “na que daremos conta dos avances realizados na renovación do transporte urbano de Lugo”, explicou Rubén Arroxo, que lembrou qu

A área de Urbanismo Sostible trasladaba esta mañá, á Xunta de Goberno, dez licenzas para acometer diferentes actuacións no termo municipal que suporán un investimento local próximo aos 1’7 millóns de euros (1.696.767 €).

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, achegáronse esta mañá á Rúa Alcalde Xosé Novo Freire con motivo do inicio dos traballos para a creación dunha nova zona de recreo, urbana e multifuncional, que se instalará no lugar da xa existente.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »