A empresa Funcióndeuno, pertencente ao viveiro de empresas do Concello de Lugo, e adicada a organización de eventos e a xestión cultural, é a empresa encargada da organización, mañá xoves 28 de outubro, e con motivo do día de San Simón, dun acto promocional do queixo San Simón na zona de vinos de Lugo.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participou esta mañá nunha Xornada sobre cooperativas coa que se puxo fin ás actividades de fomento e promoción do cooperativismo que desenvolveu o Concello durante este mes de outubro no CEI-Nodus.
Sonia Méndez foi a encargada de facer a apertura destas xornadas nas que participaron representantes de varias cooperativas.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, visitou hoxe as actividades que se desenvolven no CEI Nodus para fomento e promoción do cooperativismo nas que participan hoxe alumnos do IES Virxe dos Ollos Grandes.
As charlas informativas destinadas a alumnos de primaria e secundaria dos centros de ensino de Lugo desenvólvense esta semana na Aula Emprendedora e complétanse cun taller sobre cooperativismo.
As actividades para escolares forman parte do programa que está a levar a cabo durante este mes a Concellería de Economía e Emprego para a promoción e fomento do cooperativismo.
Alumnos do IES Lucus Augusti visitaron hoxe o CEI-Nodus. A visita deste grupo de escolares forma parte das actividades de fomento do cooperativismo que leva a cabo a Concellería de Economía e Emprego.
Esta foi a primeira dunha serie de charlas informativas adicadas a alumnos de primaria e secundaria dos centros de ensino de Lugo que teñen lugar no marco dunhas xornadas de cooperativismo, impulsadas polo Concello de Lugo.
Co resultado desta iniciativa, e logo de Artesanfroilán, ambas as dúas administracións acadan un novo éxito dentro da aposta polo desenvolvemento da economía lucense mediante a suma de esforzos
Dende o ano 2009, as axudas a locais de negocio do centro da cidade, incluídas no Plan Urban, ascenderon a 124.200 euros nun total de 76 axudas
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, xunto co Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e o Vicepresidente da Asociación de Hostalería de Lugo, Jacobo García, mantiveron hoxe unha nova xuntanza da Mesa Local de Comercio do Concello de Lugo.
A décimo cuarta edición de Artesanfroilán que organizou a Deputación durante os festexos de San Froilán en colaboración co Concello de Lugo rematou cun volume de negocio de preto de 100.000 euros. Os 26 artesáns que participaron na mostra, -12 da provincia lucense, 9 da Coruña, 3 de Pontevedra, 1 de Asturias e 1 de Portugal-, amosáronse moi satisfeitos co resultado da iniciativa do organismo provincial logo de incrementar as súas ganancias nun 20% con respecto á convocatoria anterior.
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, xunto á Presidenta da Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo, Nora Real, presentou este luns a primeira Feira Outlet de comerciantes exclusivamente lucenses que acollerá a capital dende o 15 ó 17 de outubro na céntrica praza Anxo Fernández Gómez sendo ademais, a primeira mostra destas características que se sitúa no centro da cidade.
A montaxe, que inclúe pezas de Lamazares, Patiño, Morquecho, Caramés ou Vilariño, poderá visitarse na Fundación Caixa Galicia ata o 16 de xaneiro
Unha conferencia da comisaria, Iria Candela, en outubro completan a proposta
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- …
- seguinte ›
- última »