O Goberno local reuniuse esta mañá cos grupos políticos e volverá facelo o xoves
O Concello proxecta investir 11.076.652 euros en obras no 2011, segundo explicou hoxe a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, trala reunión que mantivo esta mañá o Goberno local cos grupos políticos para tratar dos presupostos municipais para o ano que vén.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, deron a coñecer hoxe o proxecto de Orzamentos do Concello para 2011, logo de presentarllos ós grupos políticos.
Para o Alcalde, “son uns presupostos austeros e responsables, axeitados ó momento económico que vivimos, xa que non é momento para uns Orzamentos expansivos e xa temos feito o esforzo de mellorar os equipamentos da cidade”.
O Concello de Lugo vén de aprobar a concesión de axudas por importe de máis de 12.000 euros para efectuar melloras de locais correspondentes ó Plan Urban.
En total, concedéronse nove axudas por un importe de 12.114 euros para facer melloras en locais situados no Casco histórico. Estas axudas para facer melloras en locais comerciais e de hostalería corresponden á terceira fase do ano 2010 do Plan Urban, que ten financiamento do Concello, a Deputación provincial e a Unión Europea.
A Xunta de Galicia denegou os dous obradoiros de emprego solicitados polo Concello o que suporá que, por primeira vez, os parados de Lugo non poderán acceder a estes obradoiros, segundo denunciou hoxe a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez.
O Concello de Lugo comparte a preocupación existente nas sete grandes cidades galegas polo futuro do Plan Galego de Inclusión Social dado que os Orzamentos da Xunta para o ano que vén non inclúen consignación económica para o II Plan galego de Inclusión Social.
As Concelleiras delegadas desta área nas sete grandes cidades galegas, entre elas a responsable de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, solicitaron manter unha reunión coa Xunta para clarexar o futuro do devandito Plan.
25 Alumnos do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes visitaron o CEI-NODUS dentro das actividades organizadas para fomentar o emprendemento entre a mocidade de Lugo. Os rapaces asistiron a unha charla impartida por técnicos de Bic Galicia e do Centro de Empresas e Innovación.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, informou, trala xuntanza que celebrou hoxe a Comisión de Contas, que “todo parece indicar que o BNG e o PP non permitirán aprobar a proposta das Ordenanzas Fiscais para 2011 que fixo o Goberno local”, algo que considerou “unha actitude irresponsable e demagóxica de PP e BNG, coa que se demostra que non están preparados para gobernar e asumir decisións de futuro xa que só pensan no rédito electoral a curto prazo”.
O Voceiro do Goberno Local, José Rábade, explicou nunha rolda de prensa celebrada trala sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local que a decisión tomada hoxe supón a conxelación de tarifas de trinta tributos municipais. Esta nova conxelación dos tributos municipais equivale a un aforro para os contribuíntes lucenses de 630.000 euros.
De todos os impostos municipais só se van actualizar, nun 1,8% a recollida de lixo e o 5% na taxa de auga e sumidoiros.
O Concello de Lugo desde o Espazo>lab, colabora co Servizo Público de Emprego na difusión da nova web dos Servizos Públicos de Emprego de España que permitirá a realización de consultas, trámites en liña, obtención de certificados, renovación de demanda, etc.
O Eurotroco é un programa da Unión Europea que lles dá a posibilidade ós emprendedores de intercambiar experiencias e coñecer como se traballa nos sectores do seu interese noutros países.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- …
- seguinte ›
- última »