A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, fixo entrega este venres, 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, dos galardóns Entre Mulleres, premio co que o Concello de Lugo quere visibilizar as achegas das mulleres lucenses en todos os eidos da nosa sociedade en prol da igualdade.
A Casa da Muller, servizo dependente da área de Cohesión Social que dirixe a edil Ana Abelleira, atendeu ao longo de 2023 un total de 968 consultas.
O Tenente de Alcaldesa e responsable da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, presentou os datos de usuarios do bus urbano dos primeiros meses de 2024.
O Executivo de Paula Alvarellos aprobará na Xunta de Goberno Local desta semana as novas normas reguladoras das autorizacións de uso e acceso aos locais do viveiro de empresas municipal do CEI-Nodus.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, informou esta mañá que nos próximos días farase efectiva a incorporación ao posto de interventor municipal de Luis Ramón Vázquez Parga.
Máis de 400 xogadores de toda España participarán esta fin de semana en Lugo no II Campionato Nacional de Mus por equipos.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada de membros da corporación municipal, participou este xoves nos actos con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras, promovidos pola Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC).
A área de Persoal do Concello de Lugo, que dirixe o concelleiro Pablo Permuy, está a reforzar a Brigada municipal de Augas coa contratación de novo persoal.
A concelleira de Cohesión Social, Ana Abelleira, participou este martes na xornada "Pioneiros. Políticas de igualdade nos concellos galegos”, organizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que reuniu a concellos galegos na vangarda das políticas de igualdade.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, vén de delegar no director xeral de Urbanismo novas competencias co obxectivo de reducir os tempos administrativos dos procedementos que se xestionan nesta área.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »