O Alcalde, José López Orozco; a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e o Presidente de Cogami Galicia, Anxo Queiruga, visitaron hoxe a primeira empresa de economía social que funciona en locais do Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo. Trátase de Artegalia, que forma parte do grupo de empresas creado por Cogami
Durante esta mañá, un grupo de alumnos do I.E.S. Leiras Pulpeiro, visitaron as instalacións do CEI-Nodus e do Espazo-Lab. A estes mozos e mozas, coñeceron como se traballa e que accións se desenvolven nos diferentes departamentos do centro. Esta visita está enmarcada nas xornadas que leva a cabo o CEI-Nodus dende hai varios anos e que están dirixidas ao fomento do emprendemento e a motivación empresarial. Desta maneira, dende o Concello dáse a coñecer os servizos que se ofrecen para os emprendedores.
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónimos, Sonia Méndez, e o Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, entregaron esta mañá os diplomas aos asistentes ao curso Creación do plan de empresas organizado pola Asociación de Mulleres Empresarias presidida por Beatriz Varela en colaboración co Concello.
Este proxecto financiado con fondos do Plan Urban contan cun orzamento total de 5,7 millóns de euros repartidos en dúas fases
O próximo luns 20 de febreiro remata o prazo para aqueles contribuíntes que queiran domiciliar o pago do IBI e, desta maneira, poder facer dito pago en dous prazos sen recargos nin intereses. Así, pasaríase a cobro o primeiro prazo o día 5 de xuño e o segundo prazo sería o día 5 de setembro. “Con esta medida preténdese facer máis levadeiro a suba do IBI para os veciños e veciñas” segundo explicou Sonia Méndez.
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentaron unha nova edición do proxecto europeo de inserción sociolaboral Lugo Emprego Activo 2. Ten unha duración de 36 meses, contará con 28 itinerarios diferentes, dos que se beneficiarán 420 persoas, e un presuposto de 1.335.010,29 euros dos cales o Fondo Social Europeo financia o 80%.
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e o Coordinador de Institucións do BBVA en Lugo, Manuel Otero, asinaron un convenio que permitirá a todos os lucenses pagar os seus recibos nas oficinas desta entidade.
López Orozco lembrou que ata o 20 de febreiro se pode domiciliar o IBI para pagalo de maneira fraccionada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Director Territorial de Novagalicia Banco en Lugo, Walter Álvarez, presentaron a reedición en papel da Guía do Contribuínte que se repartirá entre os veciños e descargar dende o páxina web do Concello.
Na mesma zona tamén se instalaron unha zona de xogos infantís e un parque biosaudable que pasarán a ser parte do paseo interior da Muralla
Sonia Méndez destaca que, neste momento de crise, o Concello bota man de imaxinación e traballo para dinamizar a economía e crear emprego na cidade
A Concelleira de Economía tamén dixo que este ano os fondos da Unión Europea, o Concello e a Deputación permitirán rehabilitar o Vello Cárcere e crear o Edificio de Novas Tecnoloxías
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 169
- 170
- 171
- 172
- 173
- 174
- 175
- 176
- 177
- …
- seguinte ›
- última »