O Goberno Local aprobou unha modificación de créditos para destinar ao Programa de Emerxencia Social a paga extra de Nadal á que renunciaron todos os membros da Corporación municipal en solidaridade cos funcionarios. Esta medida deberá ser ratificada agora polo Pleno.
O Alcalde, José López Orozco, destacou hoxe a importancia da colaboración entre institucións para combater o problema do paro na nosa provincia, durante a inauguración da Xornada “A cooperativa como fórmula de autoemprego e desenvolvemento local”, na que tamén participaron a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e o Subdirector xeral de Cooperativas e Economía Social da Xunta de Galicia, Xoán Miguel Concheiro Abal.
A xornada terá lugar o día 20 de novembro no salón de Actos do CEI-Nodus dende as 09:30 horas
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos,Sonia Méndez, presentou esta mañá unha xornada en materia de cooperativismo organizada dende a Oficina de Cooperativismo que comparten os Concellos de Lugo, Baralla, Becerreá e O Corgo. A xornada comeza ás 09:30 e rematará ás 13:15 horas do martes 20 de novembro.
Os Concelleiros de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e de Servizos Xerais, Francisco Fraga, reuníronse esta tarde na Casa do Concello cos titulares de postos da Praza de Abastos e do Mercado municipal de Quiroga Ballesteros que están interesados no uso das novas tecnoloxías para a venda dos seus produtos.
José López Orozco e Sonia Méndez destacaron a participación de importantes arqueólogos a nivel internacional e que forman parte do organismo Patrimonio Mundial
O Concello mellora a atención ó contribuínte coa posta en marcha dunha Oficina Virtual tributaria que ofrece a posibilidade de tramitar o pago de impostos tanto en voluntaria como en executiva e sancións de tráfico a través de internet.
O Pleno do Concello acordou hoxe, coa abstención do Partido Popular, a conxelación dos tributos municipais para 2013. A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, explicou que o Goberno local renuncia a subir os impostos municipais para favorecer ás familias e ás empresas lucenses e para que Lugo siga a ser a cidade galega coa fiscalidade máis baixa.
O Concello aposta pola promoción dos recursos arqueolóxicos grazas ao Plan Urban e ao programa Muralla Dixital
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, presentou esta mañá unha campaña de difusión, financiada con fondos do Plan Urban, sobre os restos arqueolóxicos da piscina romana da praza de Santa María e do acueducto romano da praza de San Marcos cos que se pretende promocionar os recursos arqueolóxicos de recente posta en valor.
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, denunciou hoxe que a Xunta de Galicia volve deixar ós parados de Lugo sen a posibilidade de participar en obradoiros de emprego mentres lle concede achegas a outros concellos con menos poboación desempregada porque os goberna o PP.
Destacou a confianza que a Unión Europea deposita no Concello de Lugo e na óptima xestións que realiza dos fondos europeos
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, participaron no acto de benvida aos 32 seleccionados para os talleres formativos do programa Muralla Dixital. Dixitalización do Patrimonio Histórico-Arqueolóxico lucense a través das TIC´S.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 161
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- 169
- …
- seguinte ›
- última »