O Executivo de Paula Alvarellos aprobará na Xunta de Goberno Local desta semana as novas normas reguladoras das autorizacións de uso e acceso aos locais do viveiro de empresas municipal do CEI-Nodus.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, informou esta mañá que nos próximos días farase efectiva a incorporación ao posto de interventor municipal de Luis Ramón Vázquez Parga.
Máis de 400 xogadores de toda España participarán esta fin de semana en Lugo no II Campionato Nacional de Mus por equipos.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada de membros da corporación municipal, participou este xoves nos actos con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras, promovidos pola Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC).
A área de Persoal do Concello de Lugo, que dirixe o concelleiro Pablo Permuy, está a reforzar a Brigada municipal de Augas coa contratación de novo persoal.
A concelleira de Cohesión Social, Ana Abelleira, participou este martes na xornada "Pioneiros. Políticas de igualdade nos concellos galegos”, organizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que reuniu a concellos galegos na vangarda das políticas de igualdade.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, vén de delegar no director xeral de Urbanismo novas competencias co obxectivo de reducir os tempos administrativos dos procedementos que se xestionan nesta área.
O Executivo local conclúe o parque da Lembranza coa instalación dun conxunto escultórico en homenaxe ás vítimas e aos colectivos involucrados na loita contra a pandemia. A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, supervisou esta mañá os traballos de instalación da escultura.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, vén de recibir de parte do equipo redactor o novo Plan de Emerxencias Municipal.
O Goberno Local anunciou este venres un corte provisional no acceso peonil ao adarve da Muralla na Porta da Estación.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »