Área de Sostenibilidade Urbana

Actualidade

O Concello de Lugo favorece a expansión industrial dun sector do chan en Coeses – Cuíña coa aprobación do seu Plan Parcial
Mércores, 29 de xuño de 2022

A Corporación municipal validará, mañá no Pleno, a autorización definitiva desta ferramenta do Planeamento co obxecto de posibilitar o desenvolvemento do proxecto empresarial de Novafrigsa.

 Lara Méndez visita os traballos de mellora da Praza da Liberdade, que contará cun mural urbano inspirado nos maiores e a natureza
Martes, 28 de xuño de 2022

A alcaldesa, acompañada do edil de Medio Ambiente, comprobou in situ as actuacións que se están a executar e saudou aos artistas encargados da realización da obra artística.

O proxecto de renovación integral da praza inclúe a renovación do pavimento, o céspede e o mobiliario urbano, uns traballos que se atopan moi avanzados.

O Executivo de Lara Méndez licita o contrato para deseñar as medidas que regularán a Zona de Baixas Emisións do Centro Histórico
Martes, 28 de xuño de 2022

A Xunta de Goberno autorizará mañá a apertura do procedemento dunha adxudicación “que será imprescindible para incrementar a eficacia das peonalizacións do Corazón Verde”, afirmou a rexedora.

O proxecto, orzamentado en 71.390 € e cun prazo de execución de 6 meses, incluirá a realización de medicións, analizar os datos e mesmo redactar unha Ordenanza específica ou modificar a actual de circulación.

“Trátase de obter toda a información para adoptar decisións que, baixo parámetros de xustiza social, nos permita avanzar na protección do patrimonio e da saúde das persoas”, subliñou a alcaldesa.

O concello de Lugo rende homenaxe ao párroco de Albeiros, Luis Soto Camino, poñendo o seu nome á actual rúa Xenebro
Martes, 28 de xuño de 2022

Lara Méndez, anunciou hoxe o acordo unánime da Corporación para atender esta demanda veciñal “e realizar un recoñecemento público a un home exemplar, en gratitude ao seu labor xeneroso e desinteresado durante máis de 50 anos”.

A alcaldesa avanzou tamén que Lugo dedicará unha praza na Piringalla ao Eixo Atlántico, respondendo á vontade da Asamblea de que todos os municipios integrantes inclúan no seu rueiro algunha vía con esta denominación.