Área de Sostenibilidade Urbana
Actualidade

O tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, supervisou esta mañá os traballos que se concentraron no sendeiro que discorre en paralelo aos xardíns do Balneario.
O dispositivo, composto por unha brigada dotada cun dumper, unha compactadora e catro operarios, se encargou de botar xabre para mellorar o estado no que se atopa este camiño peonil.

Na madrugada do martes os participantes nun botellón destrozaron parte do novo valado instalado polo Concello hai escasamente dous meses.
Miguel Fernández: “Este tipo de comportamentos, inaceptables, danan a imaxe da cidade e supoñen, ademais, un custe elevado para as arcas municipais”
Operarios do Concello precintaron esta mañá a zona e, á maior brevidade posible, procederase ao arranxo e reposición do valado.
O edil avanzou que “nos vindeiros días comezarán os traballos de roza e acondicionamento de espazos verdes tanto neste parque como no dos Paxariños”.

Os traballos atenden, segundo sinalou o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, “ás demandas que nos traslada a veciñanza e cos que pretendemos incrementar a súa seguridade e calidade de vida e fixar poboación”.
O edil anunciou tamén que o Plan Anual de Roza arrincará a mediados de xuño de xeito simultáneo nas 4 zonas nas que se dividiu o concello.

A área de Benestar Social acometerá nas vindeiras semanas o rebaixe de bordos e a reforma integral de varios cruzamentos da capital, nos que se pretende eliminar a presenza de lastras.
As intervencións obedecen, segundo Olga López Racamonde, ás demandas trasladadas por Auxilia e suporán un investimento municipal próximo aos 36.000 €.