O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Vicepresidente da Federación Galega de Tiro con Arco, Manuel Campoy, e a Presidenta do Club Arco Muralla, Anabel Saulo, presentaron esta mañá o XXXIV Campionato Galego de Tiro con Arco que terá lugar o vindeiro sábado 16 de xaneiro na cidade.
O Concello de Lugo, a sección de Atletismo do Club Fuvial de Lugo, o Club Media Maratón, a Deputación Provincial de Lugo e a Secretaría Xeral para o Deporte, organizan a 15ª CARRERA PEDESTRE – SAN SILVESTRE, que se terá lugar na cidade o 31 de decembro a partir das 16.30 horas.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, organiza a celebración da VIII Carreira Solidaria Lugo Monumental, que se celebrará o vindeiro domingo 20 de decembro.
O Concello de Lugo participa no VIII Torneo de Fútbol Sala de Base Cidade de Lugo organizado pola Fundación Azkar presentado esta mañá polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío. Ademais do Concello de Lugo colaboran no evento a Deputación Provincial, a Xunta de Galicia, a Fundación Deporte Galego, Xacobeo 2010, Transportes Azkar, Centro Comercial As Termas, Asport21, Sykes, Coca-Cola e Mondariz.
O Concello de Lugo colabora coa celebración do Campionato Galego de Marcha en Pista que se celebrará o 19 de decembro nas Pistas Gregorio Pérez. O evento está organizado pola Federación Galega de Atletismo. O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, animou aos atletas a participar neste evento.
O campionato estará aberto para todos aqueles atletas que o desexen e que se atopen en calquera das seguintes condicións:
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, informou hoxe dun corte de tráfico na Ronda da Muralla durante dúas horas o próximo domingo con motivo da celebración do Road Show.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto a, Javier de Labra, Director de Galicia de Divina Pastora Seguros, Mirian Garabito, Responsable de UNICEF en Lugo, e o Director de Publicidad de El Progreso, Luis Barrio, a VIII Carreira Solidaria Lugo Monumental.
Esta proba, que terá lugar o domingo 20 de decembro, xa cumpre a súa oitava edición consolidándose no ranking de carreiras galegas e sendo moi ben valorada polos participantes.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, Francisco Villanueva Presidente da Federación de Triatlón e Pentatlón, e José Manuel Rozas, Xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, presentaron o Campionato Galego e do Cantábrico de Pentatlón Moderno que terá lugar o vindeiro luns na cidade.
O Concelleiro explicou que “os aficionados lucenses terán a oportunidade de disfrutar das especialidades deportivas que compoñen o pentatlón moderno”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o piloto lucense Alonso Liste, presentaron esta mañá o primeiro Road Show da cidade e de Galicia que terá lugar o vindeiro 13 de decembro na contorna da Muralla de Lugo. No acto de presentación participaron tamén a Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, e o managger do deportista, Javier López García.
Novembro confirma os bos resultados do tiro con arco lucense e a Escola Lucense afiánzase, no concerto autonómico, entre os clubs galegos máis destacados. O sábado 7 de novembro en Vigo participaron no VII Trofeo Federación Galega Xunta de Galicia para Menores de 14 anos nos que acadaron os seguintes resultados:
- Marta Guerrero Arribas (Escola Lucense) 1ª Recurvo Benjamín Dama con 288 de 300 ptos.
- Pablo Méndez López (Escola Lucense) 6º Recurvo Benjamín Caballero con 239 puntos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- …
- seguinte ›
- última »