O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e outros membros da Corporación Municipal, recibiron esta mañá no Salón de Plenos da Casa do Concello ao piloto lucense de F2, José Antonio Alonso Liste.
O Concello de Lugo pechou o prazo de inscrición para participar na décima edición do Circuíto de Carreiras Populares Larsa Corre con Nós que comezará o domingo 22 de novembro dará comezo, nas pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera.
Son un total de 2.206 atletas inscritos: 1.247 adultos e 959 nenos e nenas dos que 158 participarán na categoría Mini, 311 na Categoría A, 309 na Categoría B, 117 na Categoría C e 64 na Caregoría D.
Esta fin de semana comeza a 10ª edición do circuíto de carreiras populares Corre con Nós organizada pola Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío. A primeira carreira do circuíto terá lugar o vindeiro domingo 22 de novembro nas pistas de atletismo municipais de Gregorio Pérez Rivera.
Horarios previstos :
10:00 h – 11:30 h : recollida de dorsais e chips na zona de saída (pistas de atletismo )
O Concello de Lugo organiza a décima edición do Circuíto de Carreiras Populares Larsa Corre con Nós que comezará o domingo 22 de novembro dará comezo, nas pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera.
O domingo 22 de novembro dará comezo, nas pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera, a décima edición do Circuíto de Carreiras Populares Larsa Corre con Nós, que foi presentado hoxe polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío.
O club San Fernando Lucus Caixa Rural cumpre este ano o seu 25 aniversario, polo que organizou o “Trofeo Tetratlón 25 aniversario SF Lucus Caixa Rural Galega” que foi presentado esta mañá no Concello de Lugo polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o presidente do club, José Manuel Traseira, e o Delegado da Federación de Atletismo en Lugo, Manuel Castiñeira.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Vicerreitor da USC en Lugo, Carlos Herrero, e Jesús Castro, responsable da área de deportes da USC, presentaron o programa de actividades deportivas que se ofertará no curso 2009-2010 aos estudantes do Campus lucense.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recordou esta mañá que “fai case un ano dende que se realizou o cambio do pavimento por un máis axeitado para a práctica de hockey e patinaxe artístico no polideportivo de A Piringalla e xa vai ser a sede da Primeira División Nacional de Hockey Liña”.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e os directivos do Club Ciclista Cidade de Lugo, Eugenio Paz e José María Seijas, presentaron esta mañá o X Gran Premio Ciclista San Froilán que terá lugar a partir das 17:00 horas do vindeiro sábado, 3 de outubro, na Avenida de Ramón Ferreiro.
Segundo anunciaron os organizadores agárdase a participación duns 70 deportistas nesta proba que fará disfrutar do ciclismo de moi alto nivel deportivo ao público asistente.
O club de natación lucense Porta Miñá, co comezo do novo curso 2009-2010, presenta ao seu equipo de natación mañá sábado, 26 de setembro, nas instalacións municipais da piscina municipal das Pedreiras.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- 148
- …
- seguinte ›
- última »