Lugo será a sede do Campionato Galego de Clubes de atletismo nas categorías cadete e xunior, que se vai celebrar o vindeiro sábado, día 10 de setembro nas pistas municipais de atletismo Gregorio Pérez Rivera.
O equipo Lucus Caixa Rural Galega presentará equipo en todas as categorías, e será o único equipo galego, xunto co Ourense Academia Postal, que presenta catro equipos.

O vindeiro sábado, día 3 de Setembro, celebrarase o 48º Gran premio ciclista Milagrosa que se desenvolverá, a partir das 16.00 horas, no circuíto urbano situado na Avenida Duquesa de Lugo.
A proba ciclista dará comezo coas categorías de Escolas nas que os principiantes competirán nunha xinkana, mentres que os alevíns farán catro voltas ó circuíto cun total de 4,8 quilómetros. De seguido, a categoría de infantís fará un percorrido de 15 voltas (18 km).
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, participou hoxe na presentación da campaña de captación de socios que pon en marcha de cara á nova temporada o Clube de baloncesto Ensino, que este ano conmemora o seu 30 aniversario. Na presentación da campaña, que tivo lugar esta mañá na Casa do Concello, tamén participaron Marta Sureda, tesoureira do Clube; Santiago Argüeso, Vicepresidente, e Fernando Fernández Allende, vocal do Ensino.

O Concello de Lugo anunciou a existencia dun total de 97 prazas para o curso de natación intensivo que se celebrará no mes de setembro organizados pola Área de Deportes, e que se levan a cabo nas piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras, cun custo de 40 euros por persoa.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Delegado para o Deporte da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Rozas, e o Presidente do Club Deportivo Lugo e organizador do evento, José Bouso, presentaron hoxe o partido España - Georgia do XIX Campionato Europeo seleccións de fútbol sub-21 que terá lugar o próximo día 5 de setembro as 20:45 horas no Estadio Ángel Carro.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Presidente da Federación Galega de Tenis, o lucense José Antonio Pereiro, clausuran hoxe o curso de xullo da Escola Deportiva Municipal de Verán 2011.
O curso, organizado pola Federación Galega de Tenis en colaboración coa Concellería de Deportes de Lugo, pecharase cun acto no que se fará entrega das medallas do minitorneo final de clausura.
A clausura terá lugar ás 19.30 horas nas pistas de tenis municipais de Frigsa.
A selección lucense colleitou un grande resultado no IX XOGOS DO EIXO ATLANTICO disputados na localidade portuguesa de Matosinhos entre os días 4 e 8 de Xullo xa que acadou a 4ª posición xeral dun total de 23 equipos que participaron nos Xogos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- 128
- …
- seguinte ›
- última »