A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, participou esta mañá na presentación Lugo Cultural, o programa cultural deseñado para dar a benvida aos universitarios, un acto no que tamén interviron o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Javier Garbayo, e Paloma Lugilde, encargada das actividades culturais da USC no Campus de Lugo, entre outras autoridades.
Tra-lo verán, comezan de novo as Asesorías Xuvenís en materia xurídica, psicolóxica e sexual no Centro Social Uxío Novoneyra
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou hoxe as novas actividades do programa MAX (Movida Alternativa Xuvenil), que se desenrolarán dende o sábado 23 de outubro ata o 18 de decembro.
Esta iniciativa, que se inclúe dentro do programa municipal Lugo10, engádese ó Primeiro Concurso Nacional de Curtas e Maquetas cuxo prazo de presentación de traballos remata o 30 de outubro
Doce cortadores profesionais de xamón disputaron hoxe, dende as 11 da mañá a gran final do V Concurso Galego de Cortadores de Xamón, nunha carpa situada na Praza Maior de Lugo. O Concurso contou coa colaboración do Concello de Lugo e o programa Lugo10, a Deputación de Lugo, Lugo Terra, a Asociación Gastronómica e Cultural Tenedor de Oro, a DO Ribeira Sacra, e o patrocinio de Coren.
A mostra poderá verse dende este luns 18 de outubro ata o 5 de novembro
A Biblioteca Municipal organiza un obradoiro de contos e debuxos que terá lugar o día 4 de novembro.
O obradoiro “Xogando cos contos e os debuxos” correrá a cargo da contadora de contos Marisa Irimia.
Esta actividade adícase a nenos e nenas a partir de 5 anos e terá lugar ás 18.30 horas.
Ademais entraron na cidade case un millón e medio de vehículos e 61.000 persoas asistiron ós concertos programados
O Alcalde agradece o traballo da Concelleira e funcionarios de Cultura e da Policía Local
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, fixeron hoxe balance das festas de San Froilán, que cualificaron de “éxito”.
A festa de aniversario consistiu na actuación de catro dos grupos que utilizan as instalacións da Casa da Música para os seus ensaios: Arrincadeira, JPA, Ripper Ground e Penas de Rodas.
Ademais deste concerto conmemorativo, tamén se celebraron outras actividades. Houbo xogos e reparto de premios que remataron co concerto que foi un éxito de público.
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, acompañada doutros membros da corporación deulle a benvida ó Concello ós membros da Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril, que hoxe participan das festas do San Froilán.
O presidente desta Asociación, Fermín Avellaneda Vázquez, foi o encargado hoxe da apertura da Porta da Estación.
Ata o día 15 de outubro pódense visitar as dúas mostras instaladas na Sala de Exposicións do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, que organiza a Concellería de Cultura: “Cores da Historia en Lugo10” e “A Memoria da Cidade”. Nos dous casos, a entrada é de balde e o horario de visita é de 16.00 a 21.00 horas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 359
- 360
- 361
- 362
- 363
- 364
- 365
- 366
- 367
- …
- seguinte ›
- última »