Rubén Arroxo, tenente de alcaldesa do Concello de Lugo, xunto con Cristina López, concelleira Participación e Servizos para a Veciñanza, presentaron as actividades que se realizarán no Cemiterio enmarcadas na celebración do 1 de novembro.
A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, acompañada pola xefa de servizo de participación, Amparo Rubinos, asiste durante esta fin de semana ao III Econtro de Mercados Tradicionais que se está a celebrar no Mercado da Boquería, en Barcelona,
Rubén Arroxo, tenente de alcaldesa do Concello de Lugo, xunto coas concelleiras e concelleiros das distintas áreas de Goberno, participou na primeira xuntanza aberta á veciñanza para elaborar os Orzamentos Participativos do ano 2024.
O Executivo de Lara Méndez, a través da área de Transición Ecolóxica e Impulso Rural que dirixe Miguel Fernández, avanza na procura de terreos que permitan a instalación das torres necesarias para mellorar a cobertura móbil nas parroquias de Lugo.
O dispositivo especial de limpeza organizado polo do Concello de Lugo para San Froilán recolleu máis de 478.1500 quilos de lixo desde o comezo das festas na madrugada do pasado xoves.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este sábado ao rexedor da cidade departamental con motivo da conmemoración do Día do Ferrol, no marco dos festexos do San Froilán.
O Executivo de Lara Méndez, a través da área de Dinamización Económica que dirixe Mauricio Repetto, porá en marcha un obradoiro de emprego especializado no deseño gráfico, o desenvolvemento web e os procesos de dixitalización.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, e o delegado territorial da Xunta de Galicia, Javier Arias, participou este venres no acto de clausura do obradoiro dual de emprego Lugo Sostible 5.0
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do edil de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, supervisou este martes o avance dos traballos de renovación eléctrica do Pavillón Muncipal, para os que o executivo muncipal destinou un investimento de 135.513 euros, co obxectivo de incrementar a súa efi
O edificio municipal Impulso Verde, promovido pola rexedora Lara Méndez no marco do proxecto europeo LIFE Lugo+Biodinámico, foi homenaxeado este venres por parte do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD), con motivo da celebración do Día Mundial da Construción Sostible.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »