A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua Carmen Basadre, presentou este martes no Salón de Plenos o catálogo dixital da Biblioteca Municipal de Lugo, que permite realizar consultas e reservas de fondos a través de Internet.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este mércores no Salón de Plenos a presentación das dúas últimas publicacións da autora luguesa, Mar Castro, NETiqueta. Comunicación en Entornos Digitales e Etiqueta & NETiqueta. Generación Digital.
O Servizo de Información 010 do Concello de Lugo leva máis de 945.000 consultas atendidas dende que entrou en funcionamento no ano 2005, entre chamadas telefónicas e correos electrónicos.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou este luns que o Concello repartirá 3.000 bolsas no Mercado Municipal e na Praza de Abastos.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitou este xoves no Mercado Municipal as actividades do GastroNadal.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este mércores, na Escola Politécnica Superior, na presentación do campionato mundial de modelado 3D de precisión con móbil, dentro da D3 Mobile Metrology World Leage 2017, que acolle o Campus Terra.
O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, entregaron este sábado os Premios #INLUGO, no marco do IV Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais INLUGO.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu a benvida ao IV Congreso #INLUGO organizado pola Deputación de Lugo, no que participaron máis 600 persoas. Lara Méndez destacou a importancia das redes sociais como a nova canle da comunicación. "O #INLUGO é un referente a nivel nacional.
A Alcaldesa, Lara Méndez, avanzou este luns con técnicos municipais no desenvolvemento do Lugo Smart City, a efectos de coodinar tarefas entre os distintos departamentos municipais e planificar o desenvolvemento desta iniciativa de 4,1 millóns de euros, para converter a Lugo nunha cidade intelixe
A Xunta de Goberno deste mércores acordou adxudicar o mantemento e conservación integral das 73 áres de xogos infantís existentes nos parques, xardíns e zonas verdes públicas municipais da cidade de Lugo, á mercantil Lappsett España VR S.L. por 67.200 euros para a primeira anualidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- …
- seguinte ›
- última »