Os Concelleiros de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e de Servizos Xerais e Participación Cidadá Manuel Núñez, participaron esta tarde na presentación das II Xornadas Gastroaccesibles de Lugo, xunto con representantes das entidades promotoras deste evento. O acto de presentación das Xornadas, que se celebrarán do 1 ó 8 de decembro, tivo lugar esta tarde no Mercado Municipal.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, asistiu a un acto conmemorativo organizado pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR), para facer un balance das actividades que levaron a cabo nos últimos nos. Esta actividade estaba enmarcada dentro dos actos para a celebración do Dia Internacional das Mulleres Rurais.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presidiu esta mañá a reunión do Foro de Igualdade e no que se acordou “felicitar a todos os movementos sociais encabezados por mulleres que permitiron a retirada do proxecto de modificación da lei do aborto e a dimisión do Ministro de Xustiza”.
O Concello de Lugo expresa o seu respecto e apoio a calquera investigación que leve a cabo a Xustiza e confía en que será a propia Xustiza quen acreditará o bo funcionamento dun equipamento tan necesario como o Centro de día Antonio Gandoy.
O prazo de inscrición será entre os dias 22 e 26 de setembro nos propios Centros de Convivencia
O Alcalde, José López Orozco, e Victor Fraga, director de Programas do Centro Penitenciario de Monterroso, acompañados pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentaron hoxe as 28º Xornadas Penitenciarias Lucenses, que organiza a Asociación Penitenciaria Concepción Arenal.
González Abelleira presentou os concursos de deseño gráfico, fotografía e de narrativa xuvenil que convoca Benestar Social e Igualdade para concienciar da necesidade de acabar co machismo
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana G. Abelleira, presentou esta mañá unha nova edición dos certames de deseño gráfico, fotograía e de narrativa xuvenil que convoca o Concello de Lugo para difundir a importancia de acabar coa violencia de xénero e o machismo.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, lembra que mañá rematará o prazo de solicitude das subvencións que concede o Concello de Lugo para alugamento de vivendas. As solicitudes poden presentarse ata este venres inclusive no Rexistro da Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Lugo (EVISLUSA), na rúa Quiroga Ballesteros, ou no Rexistro Xeral do Concello.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade comunica que durante a próxima semana levaranse a cabo actividades de contacontos para nenos e nenas en varios centros de convivencia da cidade. Esta actividade, denominada Un mundo de cores, enmárcase dentro da campaña Choiva de cores, unha iniciativa da ONGD Viraventos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 217
- 218
- 219
- 220
- 221
- 222
- 223
- 224
- 225
- …
- seguinte ›
- última »