Soamente o Partido Popular rompeu este xoves no Pleno o consenso da Corporación municipal en torno a unha proposta socialista a favor do mantemento da gardería do Sagrado Corazón. O peche da escola infantil suporía “unha perda irreparable para o barrio.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, clausurou este mércores os XIV Cursos de Verán de Educación Vial, que, coa participación de 133 rapaces, se desenvolveron no Parque Infantil de Tráfico (PIT) dende o 29 de xuño ao 24 de xullo.
O Concello de Lugo prorroga a prestación de 25 prazas de centro de día para a atención de persoas maiores dependentes.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, visitou este luns o Fogar do Transeúnte, instalacións que o Concello vén de renovar para garantir o aloxamento e a alimentación das persoas en desventaxa social.
O prazo para inscribirse nas excursións á praia subvencionadas polo Concello amplíase ata completar todas as prazas, 55 por viaxe. Os interesados aínda se poden apuntar no Centro de Convivencia de Fingoi, de 10:00 a 13:00 horas.
A Xunta de Goberno acordou este mércores iniciar o proceso de contratación dun servizo de mantemento dos equipos informáticos do Concello. Terá unha duración de dous anos, prorrogables por outro ano, e o orzamento é de 56.000 euros ao ano.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, continuou este luns coa toma de contacto directo co tecido asociativo do municipio mantendo sendos encontros con representantes de AJE e de COGAMI.
O equipo de goberno defenderá no vindeiro Pleno ordinario unha moción na que esixirá á Xunta que tome as medidas precisas para o mantemento das dotacións educativas do barrio do Sagrado Corazón, recollendo as reivindicacións veciñais e dos pais afectados, así como a creación na cidade de novos ce
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana María González Abelleira, recibiron esta mañá no Salón de Plenos aos nenos de nenas dos campos refuxiados de Tinduf que pasarán o verán na cidade luguesa grazas ao programa Vacacións en Paz, posto en
A Concelleria de Benestar Social e Igualdade informa de que mañá, 11 de xuño, co gallo da celebración do Día Mundial da Calceta en Público, terá lugar unha actividade no que todas as persoas que o desexen poderán tecer xuntas no Mercado Municipal.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 212
- 213
- 214
- 215
- 216
- 217
- 218
- 219
- 220
- …
- seguinte ›
- última »